Imprimir

O CAMPUS 2008 LUGO É BASKET TERÁ LUGAR ENTRE O 8 E O 13 DE SETEMBRO


1/9/2008 Poderán participar os mozos e mozas de entre 15 e 10 anos

Os mozos e mozas lucenses terán unha nova cita deportiva neste mes de setembro co Campus 2008 Lugo é Basket organizado pola Concellería de Deportes que dirixe José Manuel Díaz Grandío e a Asociación Xuvenil Sagrado Corazón así como a Federación Galega de Baloncesto e a Deputación Provincial de Lugo.

Os participantes, nados entre os anos 1993 e 1998, realizarán diferentes actividades entre o 8 e o 13 de setembro no polideportivo dos institutos da Avenida de Ramón Ferreiro entre as 11:00 e as 13:30 horas pola mañá e de 16:00 a 19:00 en horario de tarde.

Como explicou o presidente da Asociación Xuvenil, Rubén Engroba, o evento contará coa élite do baloncesto provincial, ademais de numeroso material deportivo e os mellores medios loxísticos para consolidar o campus como un dos mellores da provincia.

Nesta edición os participantes poderán adquirir coñecementos técnicos e tácticos do baloncesto, pero ademais poderán disfrutar con concursos, sesións de video, charlas arbitrais, unha tarde no Club fuvial, e unha saída o venres para visitar os Canóns do Sil e dar un paseo en catamarán, visitar Quiroga e pernoctar no seu albergue para sair o sábado cara Sarria a disfrutar da piscina e disputar algún encontro amigable.

Inscrición
Os que desexen participar no Campus 2008 Lugo é Basket poderán escoller entre diversas opcións:

- Campus: inclúe todas actividades a realizar durante o campus. Prezo 70 euros.
- Campus e comida: inclúe a opción anterior e comida nun restaurante da zona. Prezo 100 euros

Os participantes poderán inscribirse no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, en Élide, na Federación Lucense de Baloncesto e na Asociación Xuvenil Sagrado Corazón.

Para máis información pódese chamar ao 619 662 709 , 669544057 ou a través do correo electrónico ajsc_lugo@hotmail.com.