Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello pon a venda 2.000 entradas para o concerto de El Canto del Loco


# Martes, 02/09/2008
Será na Oficina Municipal de Turismo situada no Centro de Interpretación da Muralla entre as 10:30 e as 14.00 horas e as 16:30 e as 20:00 horas

Dende mañá, mércores 3 de setembro, a Oficina Municipal de Turismo, sita no Centro de Interpretación da Muralla na Praza do Campo, porá a venda un total de 2.000 entradas para asistir ao concerto que  El Canto del Loco ofrecerá durante as festas de San Froilán.

As entradas, que terán un custo de 28 euros, poderán adquirirse na oficina no seu horario habitual entre as 10:30 e as 14:00 horas pola mañá e en horario de tarde entre as 16:30 horas e as 20:00 horas.

Ademais, as entradas poderán mercarse a través da páxina web www.servicaixa.com para poder asistir ao concerto do grupo o 11 de outubro no Pazo de Feiras e Congresos a partir das 21:00 horas.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova