Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo expón nun congreso internacional a súa experiencia co proxecto Abred


# Xoves, 04/09/2008
A Concelleira de Servizos Xerais participou nunha mesa redonda celebrada en Santiago de Compostela

A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, e o Director Xeral de Novas Tecnoloxías, Efrén Arias,  participaron hoxe, xoves 4 de setembro, nunha mesa redonda sobre E-learning en hospitales: exemplos de boas prácticas que tivo lugar na Facultade de Ciencias da Educación de Santiago de Compostela dentro do programa do Congreso EDUTEC. Nesta mesa redonda os representantes lucenses falaron da súa experiencia co proxecto Abred, unha novidosa proposta educativa creada polo Concello de Lugo, a través do Área de Servizos Xerais, en colaboración coa Xunta de Galicia, o Ministerio de Industria, Comercio e Turismo e a Unión Europea a través dos fondos FEDER.

O programa Abred  pon á disposición das familias os medios, non só para sanar ós nenos enfermos, senón para superar tamén os efectos psicolóxicos negativos que lles poden afectar. A proposta, permite que os rapaces hospitalizados poidan recibir clases coordenadas polos mestres dos centros onde se atopan matriculados, utilizando as novas tecnoloxías: ordenadores con conexión de banda ancha, Tablet PC, pizarras virtuais (que permitirán a asistencia a clase en tempo real) e unha plataforma software educativa de carácter intuitivo e de fácil uso.

Edutec
O congreso trata de transmitir a idea de que xa é  hora de pensar nas tecnoloxías como ferramentas para a xeración de coñecemento e o desenvolvemento dunha cidadanía global. Poremos a énfase nesta edición nas posibilidades que as Tecnoloxías da Información e a Comunicación ofrécennos para promover o traballo en rede e construír unha sociedade do coñecemento participativa e inclusiva.

Vense ás TIC como ferramentas estratéxicas para o establecemento de redes que faciliten compartir o coñecemento dispoñible en Iberoamérica e Europa sobre innovacións e melloras educativas apoiadas nas tecnoloxías e para promover o desenvolvemento de proxectos conxuntos. Destácase o papel que están desenvolvendo as comunidades virtuais que promoven o uso da intelixencia colectiva para desenvolver aplicacións e servizos de carácter libre e aberto para os cidadáns (Software libre).

Empeza un cambio de orientación en Internet co desenvolvemento dunha segunda xeración de servizos baseados na web que pon especial énfase na colaboración online, a interactividade e a posibilidade de compartir contidos entre os cidadáns (Web 2.0).

No contexto europeo as políticas educativas potencian a integración das Tecnoloxías en todos os ámbitos da cidadanía, con especial énfase na necesaria Alfabetización dixital e na preparación dos profesionais da educación para a integración do as TIC. Ponse en marcha programas que estimulan o uso das TIC para a relación entre culturas e contextos educativos, a difusión da innovación e a colaboración. Avánzase no novo obxectivo dunha sociedade que aprende ao longo de toda a vida. Estas políticas europeas tamén se empezan a abrir ao contexto Iberoamericano.

Por todo iso, neste foro que é Edutec, e que serve como encontro entre culturas, ten sentido promover a difusión de todas aquelas experiencias de investigación e mellora educativa apoiadas nas TIC. Esta dinámica servirá para orientar no deseño de novas propostas de uso dos medios en todos os ámbitos da formación e para reflexionar sobre como promover unha sociedade máis aberta e participativa.

Máis información: www.usc.es/edutec




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova