Cargando....
Concello de Lugo
16/09/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Centro de Recepción de visitantes informou a máis de 16.800 persoas este verán en Lugo


# Mércores, 03/09/2008
Destaca a presenza de madrileños, catalanes, franceses e italianos na cidade

Lugo pódese considerar xa un destino turístico consolidado. E boa proba desta afirmación son os datos facilitados polo Centro de Recepción de Visitantes recentemente posto en marcha na Praza do Campo.

A Concelleira de Cultura e Turismo informou dos visitantes que ao longo deste verán pasaron por este Centro a solicitar información sobre a cidade. Entre os meses de xuño e agosto, 16.814 persoas pasaron por este novo punto de información turística municipal.

O turismo nacional mantense como en anos anteriores. Destaca a presenza, como ven sendo habitual, de madrileños -máis de 1.200- catalanes -869- e andaluces.

En canto aos estranxeiros que se achegaron ata Lugo destacan os franceses, portugueses e italianos.

Os museos de Lugo recibiron tamén un número importante de visitas. Só no mes de agosto pasaron pola Casa dos Mosaicos, un dos recintos culturais máis demandado, 4.225 persoas, polo Museo de San Roque, 782, e pola Sala de Exposicións Porta Miñá 469 visitantes. 

Lugo de alma romana
Ademais unha das ofertas turísticas máis representativas do verán na cidade: as visitas teatralizadas Lugo de alma romana, contaron cun bo número de asistentes nos meses de xullo e agosto. En total foron 2.160 as persoas que asistiron ás 48 representacións realizadas. A Concelleira aproveitou para lembrar que no mes de setembro o horario das visitas modifícase para aproveitar a luz natural, quedando:
- Venres: ás 18:00 é as 20:00 horas
- Sábados: ás 13:00, 18:00 e 20:00 horas
- Domingos: ás 13.00 horas.

Aumento de máis do 420% nos últimos 5 anos
A progresión do turismo en Lugo amosa unha gráfica ascendente moi positiva. Dende o ano 2003 e tendo en conta todo o ano 2007 o incremento de visitantes á cidade de Lugo supera o 420%. Esta cidade pasou de recibir 7.708 visitantes a 40.212 en todo o 2007 e 33.700 nos primeiros meses de 2008, tendo en conta que falta por contabilizar unha das datas máis importantes para o turismo en Lugo que é o San Froilán que no 2007 achegou á cidade a máis de 900.000 persoas.

A promoción da cidade tamén aumentou considerablemente, contando na actualidade con presenza en numerosas feiras internacionais de turismo, que contribúen a que Lugo se faga un oco no panorama turístico mundial. Neste ano Lugo estivo presente en FITUR, Milán, Berlín, Barcelona, Bilbao e estará en Londres e Valladolid.

Novo concerto
A Concelleira anunciou ademais, un novo concerto das vindeiras festas de San Froilán, o día 7 de outubro, ás 22:00 horas, actuará na praza Horta do Seminario o grupo de rock Los Suaves.

Trátase dun indiscutible referente do rock feito en España, con doce discos ás súas costas, dous deles en directo e con máis dun millón de discos vendidos en toda a súa carreira. Los Suaves son, por dereito, historia viva do Rock.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova