Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Los Suaves súmanse ao cartel dos concertos das festas de San Froilán do 2008


# Mércores, 03/09/2008
Xa son trece as actuacións musicais anunciadas dun completo programa para todos os gustos

A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, anunciou unha nova cita musical para as vindeiras festas de San Froilán que se celebrarán entre o 4 e o 12 de setembro. Os amantes do rock poderán disfrutar o día 7 de outubro, ás 22:00 horas, actuará na praza Horta do Seminario do grupo Los Suaves.
Pero son xa moitas máis as actuacións confirmadas para as vindeiras festas patronais e que constitúen boa parte dos atractivos dun completo programa, equilibrado e ambicioso. O calendario de concertos xa anunciados quedaría do seguinte modo:

- Día 4 de outubro: Julieta Venegas, na praza Horta do Seminario ás 22:30 horas.

- Día 5 de outubro: Luar na Lubre, na praza de Santa María  ás 20:15 horas e Dover ás 22:30 horas na praza Horta do Seminario.

- Día 6 de outubro: Conchita, na praza de Santa María ás 20:30 horas e Diego el Cigala ás 22:30 horas na praza Horta do Seminario.

- Día 7 de outubro: The Cabriolets actuarán na praza de Santa María ás 20:15 horas e ás 22:00 Los Suaves na praza Horta do Seminario.

- Día 8 de outubro: Pedro Guerra na praza de Santa María ás 20:15 horas mentras que Violadores del Verso actuarán ás 22:00 na praza Horta do Seminario.

- Día 10 de outubro: Facto delafe y las flores azules ás 22:30  na  praza Horta do Seminario.

- Día 11 de outubro: El Canto del Loco actuará ás 21:00 horas no Pazo de Feiras e Congresos. ( A apertura de portas será sobre as 19:00 horas). O mesmo día pero na praza Horta do Seminario actuará ás 22:00 horas o grupo de Hip-Hop Def Con Dos.

- Día 12 de outubro: ás 22:00 horas actuará Melendi na praza Horta do Seminario.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova