Cargando....
Concello de Lugo
16/09/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Continúan á venda as entradas para asistir ao concerto de El Canto del Loco


# Venres, 05/09/2008
A Oficina Municipal de Turismo conta con 2.000 entradas, o resto poderán mercarse a través de www.servicaixa.com

Dende o pasado mércores, 3 de setembro, a Oficina Municipal de Turismo, sita no Centro de Interpretación da Muralla na Praza do Campo, ten á venda un total de 2.000 entradas para asistir ao concerto que  El Canto del Loco ofrecerá durante as festas de San Froilán.

As entradas, que terán un custo de 28 euros, poderán adquirirse na oficina no seu horario habitual entre as 10:30 e as 14:00 horas pola mañá e en horario de tarde entre as 16:30 horas e as 20:00 horas.

O resto das entradas poderán mercarse a través da páxina web www.servicaixa.com para poder asistir ao concerto do grupo o 11 de outubro no Pazo de Feiras e Congresos a partir das 21:00 horas.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova