Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello recibiu preto de 40 propostas de veciños aos orzamentos do ano 2009


# Venres, 05/09/2008
Continúa aberto o prazo para realizar aportacións ata o 15 de setembro

O Concello de Lugo, a través da Concellería de Economía e Emprego, que dirixe Sonia Méndez, está a preparar o proceso de redacción dos orzamentos municipais do vindeiro ano 2009. Neste proceso quere dar cabida ás opinións e aportacións por parte da cidadanía lucense por iso dende o mes de agosto deuse a oportunidade á cidadanía para que fixera chegar as súas propostas.

O obxectivo é acadar uns orzamentos participativos que permitan á cidadanía decidir en que investir parte dos cartos municipais. Por iso,  o día 1 de agosto, enviouse unha carta ás asociacións de veciños para que realicen as súas aportacións que se recibirán na Área de Participación Cidadá. Ademáis abriuse un buzón de suxestións no portal web do Concello, www.lugo.es, para que os lucenses podan realizar as súas aportacións de ideas de maneira individual. Tamén se aceptarán as peticións a través do Correo Postal e do Rexistro municipal que serán dirixidas ao servizo de Participación Cidadá. Dende que se abriu o prazo, o Concello de Lugo recibiu preto de 40 propostas aos orzamentos que se están a preparar.

Neste proxecto pódese suxerir todo o que os cidadáns e asociacións consideren necesario para a cidade. Unha vez recibidas todas as propostas, estudarase a súa viabilidade e valoraranse en función de prioridades como o seu interés xeral, a súa urxencia, o apoio cidadán, etcétera. Valoradas as propostas se incluirán para a súa execución á entrada en vigor dos orzamentos municipais do 2009.

O prazo para realizar as suxestións estará aberto ata o día 15 de setembro. Dende a Concellería de Economía e Emprego pídese prudencia nas suxestións xa que os recursos económicos do Concello son limitados.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova