Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O concerto de Kimuru dará continuidade o mércores ao programa "Entre Lusco e Fusco" de Lugo Cultural


# Martes, 09/09/2008


O concerto do grupo Kimuru dará continuidade este mércores 10 ao programa de verán do Convenio Lugo Cultural, que integra ao Concello de Lugo, Vicerreitoría de Cultura da USC, Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial, Creación e Difusión Cultural da Xunta de Galicia e Fundación Caixa Galicia. Co nome de ‘Entre Lusco e Fusco’, celébranse varias actuacións musicais este verán co obxectivo de recuperar como espazo escénico para a música zoas naturais.

Por isto, este ano os concertos teñen lugar no anfiteatro do Parque Rosalía de Castro, combinando diferentes estilos. A actuación de Kimuru será a cuarta deste ciclo, na que presentarán o seu novo disco, ‘Piedras y confetis’.

O grupo fórmase no ano 2004 para sacar adiante o seu traballo ‘Todas las naves espaciales son de plástico’, no que participan, ademais do seu fundador, Quique Muruáis, César López, Martín Alonso e Arturo Vaquero. Para este novo disco intégranse no grupo Xosé Luís Saqués e Xavier Pérez, que sacaron na primavera o seu segundo disco, gravado nos Estudios Abrigueiro de Friol. Cun resultado máis orgánico a temática das cancións xoga ao mesmo, amor e desamor mesturado, tempo, xogo, morte, reencontro, dúbida e un sentido do humor soterrado para afrontar o inabarcable, o bonito e o horrible.

Os concertos deste ciclo rematarán o xoves 18, cando actuará Cinematojazzia con Nani García. As actuacións, de entrada libre e gratuíta, serán ás 21:00 horas.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova