Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O fomento do emprego e a conxelación dos impostos centran as propostas do Equipo de Goberno ás Ordenanzas Fiscais do 2009


# Luns, 08/09/2008
O obxectivo é favorecer a creación de postos de traballo e contribuir a manter o poder adquisitivo das familias

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, presentaron hoxe aos membros da oposición o paquete de medidas de contención fiscal elaboradas polo Equipo de Goberno para as ordenanzas do 2009.

Entre as propostas destaca que o Concello apoiará a creación de emprego e axudará a consolidar as pequenas e medianas empresas. Para isto propón a conxelación ou bonificación da licenza de apertura, do Imposto de Actividades Económicas (IAE), así como das tarifas do CEI-NODUS. Con estas medidas o Goberno Local pretende dinamizar o mercado de traballo.

Co obxectivo de que Lugo se converta nunha cidade atractiva e moderna para a implantación de novas empresas, cambiaranse as bonificacións por obras na zona PEPRI . “A idea e mellorar a imaxe exterior dos inmobles do centro da cidade para atraer iniciativas económicas a Lugo” indicou a Concelleira.

Por outra banda, o Goberno Local considera como un obxectivo prioritario manter o poder adquisitivo das familias lucenses polo que continuará coa conxelación dos principais impostos do Concello:
           
            - IBI: conxelarase o tipo impositivo que fixa o Concello
            - IVTM: conxelarase a tarifa que fixa o Concello

Con esta medida, que beneficiará a máis de 150.000 contribuíntes, os lucenses poderán aforrarán máis de 700.000 euros.

Ademais, o Equipo de Goberno propón no subir as taxas polos servizos sociais para que se podan beneficiar as familias con menos recursos económicos.

O vindeiro luns, 15 de setembro, manterán unha nova xuntanza para estudar aviabilidade das diferentes propostas.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova