Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello porá en marcha un programa especial para persoas con diversidade funcional


# Luns, 08/09/2008
Sonia Méndez asinou un convenio coa Federación de Asociacións de Familiares e Enfermos Mentais de Galicia

O Concello de Lugo pon en marcha un programa especial para a inserción laboral de persoas con discapacidade en colaboración coa Federación de Asociacións de Familiares e Enfermos Mentais de Galicia (FEAFES). Este compromiso foi acadado hoxe pola Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, coa sinatura dun convenio de entre o Concello e a Federación, representada pola súa delegada en Lugo Nuria Fernández Castiñeira.

A Concelleira recordou que “o Centro de Empresas e Innovación é un servizo municipal posto a disposición da cidadanía. As súas portas están abertas para todos os colectivos sociais e dende o Concello mantemos unha colaboración continua con todas as entidades que traballan no ámbito da discapacidade”. Mediante este convenio porase en marcha un programa de colaboración que contribúa a mellorar as posibilidades de inserción laboral das persoas con enfermidades mentais.

O Concello de Lugo porá a disposición deste colectivo as instalacións do novo Centro de Orientación Laboral que conta con aulas que incorporan as últimas tecnoloxías e que permiten a mellor formación dos traballadores empregando medios informáticos, audivisuais, Internet, etc.

O Concello de Lugo leva moitos anos apostando decididamente pola inserción laboral das persoas con máis dificultades á hora de atopar traballo, e de colectivos máis sensibles aos cambios que experimenta o mercado laboral. Este é un paso máis nese camiño de igualdade no mundo do traballo ao formar aos membros de FEAFES na motivación e técnicas de búsqueda de emprego entre os meses de setembro e decembro.

Un emprego de calidade, e a garantía de que todas e todos os veciños de Lugo teñan as mesmas oportunidades é a meta deste equipo de goberno.  Lugo abrindo camiños, Cidade próxima, Equal… son todos programas que pasaron pola Concellería de Emprego e nos que sempre se apostou pola integración de persoas con dificultades de inserción laboral.

FEAFES Galicia
A Federación de Familiares e Enfermos Mentais de Galicia dende o seu nacemento en 1995 asumiu como un dos seus obxectivos estratéxicos o desenvolvemento de accións e medidas que fomenten a incorporación do colectivo de persoas con enfermidade mental ao mundo laboral.

No ano 2002 púxose en marcha o Observatorio de Emprego de Persoas con Enfermidade Mental que ofrece servizos de información, orientación, formación, intermediación laboral e apoio para o mantemento do posto de traballo.

A preocupación de FEAFES por promocionar mellores oportunidades de inserción laboral ás persoas con enfermidade mental fixo que se planificara como obxectivo prioritario neste ano a posta en marcha dun Servizo de Adestramento en Técnicas de Busca Activa de Emprego e Acompañamento Social enmarcado no II Plan Galego de Inclusión Soial. Para a posta en marcha deste proxecto conta coa colaboración do Concello de Lugo. O obxectivo é conseguir aumentar o 5% de inserción laborar das persoas con discapacidade a causa de enfermidade mental, xa que o traballo é un elemento clave para o desenvolvemento persoal e a consecución dunha vida independente.

A delegada de FEAFES en Lugo explicou que o colectivo conta en Lugo con 100 asociados e 700 no conxunto de Galicia.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova