Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo comeza a organización do Foro Internacional contra as drogas que terá lugar en maio do 2010


# Martes, 09/09/2008
O Alcalde participou en varias xuntanzas de traballo cos responsables da CICAD chegados dende Washington

O Foro Internacional terá lugar en Lugo dende o 19 ata o 23 de maio de 2010

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañado pola Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre e polos responsables do Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias, mantivo as primeiras xuntanzas de traballo para comezar a organización do Foro Internacional contra as drogas que terá lugar en Lugo dende o 19 ata o 23 de maio de 2010 e que atraerá á cidade a arredor de 250 expertos de todo o mundo.

Nas primeiras tomas de contacto para elaborar a programación que se porá en marcha estiveron a doutora Anna Chisman, Xefa de Redución da Demanda de CICAD, Antonio Lomba, Xerente do Proxecto e Francisco Pérez, Subdirector Xerla de Relaciones Institucionais da Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas e Jesús Morán técnico do Plan de Drogas galego.

López Orozco destacou a importancia de que Lugo fose designada como sede para acoller este II Foro Internacional  "é un recoñecemento ao noso intenso traballo de prevención e combate das drogas". Estos días comezaron os traballos previos "para que o encontro sexa un auténtico éxito que se logrará se as cidades nos unimos e traballamos en común para que a cidadanía viva nas mellores condicións de saúde".

A cidade ademais acollerá a autoridades de todo o mundo o que será un importante revulsivo para dar a coñecer a cidade fóra "Lugo será a protagonista, pero queremos compartilo cos organismos que dende hai anos traballan a favor do benestar dos lucenses como son o Plan nacional e galego contra a droga. Queremos un protagonismo compartido porque a nosa meta é seguir traballando xuntos".

O Alcalde lembrou que xa a semana pasada comezaron os traballos cos responsables das cidades socias españolas que participaron no I Foro en Santo Domingo, e pediu a colaboración dos medios para difundir "o importante fin que queremos con este foro de debate, de traballo, onde se compartirán experiencias para coñecer técnicas de erradicación da lacra das drogas". 

 

CICAD
Ana Chisman explicou que este encontro forma parte das iniciativas postas en marcha pola Comisión Interamericana para o Control do Abuso de Drogas (CICAD) integrada na Organización de Estados Americanos (OEA) "o organismo máis vello do mundo, nacido no ano 1890 e que reúne a países de América Latina, Caribe, Méjico, Norteamerica e Canadá". A CICAD naceu hai 23 anos para axudar aos países a combatir o grave problema das drogas ilícitas, a combatir a produción, o tráfico e o seu consumo". Este organismo tamén axuda aos gobernos a rastrexar e eliminar o lavado de cartos derivados do narcotráfico.

A CICAD é unha rede de países que está a ter un gran impacto institucional e internacional, permitindo a difusión das experiencias propias, as boas prácticas e a visión institucional desta problemática.

Permite ademais a colaboración das administracións nos distintos enfoques para o tratamento da dependencia de drogas empregados en cidades de ámbolos dous lados do Atlántico para diferentes grupos poboacionais, tipos de substancias e patróns de uso.

Esta  alianza tamén permite  diferentes estratexias de formación de recursos humanos para o tratamento das persoas adictas á droga e o coñecemento das tendencias actuais de cooperación no ámbito internacional en materia de drogas.

Chisman explicou que este Foro vai a ser moi importante e terá repercusión internacional, reunindo en Lugo a Alcaldes e autoridades de 27 países de América e tamén aos representantes de cidades europeas.

Lugo no Comité Executivo
A cidade de Lugo forma parte do Comité Executivo deste organismo representando a España, tras ser recomendado pola Delegación do Goberno do Plan Nacional sobre Drogas, debido ao bo traballo que realiza o servizo municipal contra as drogas. 

Xunto a ela están
- Montevideo, representando a Uruguai
- Edimburgo, representando ao Reino Unido
- Göteborg, representando a Suecia

O pasado mes de abril, a proposta do Alcalde, Lugo foi seleccionada para acoller este Foro que se celebrou por primeira vez en Santo Domingo.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova