Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Último día para apuntarse ás actividades do Día Internacional dos Maiores organizadas polo Concello de Lugo


# Mércores, 10/09/2008
A celebración terá lugar o domingo 28 de setembro

O Concello de Lugo celebrará o domingo 28 de setembro o Día Internacional das Persoas Maiores no Pazo de Feiras e Congresos entre as 11:00 e as 19:30 horas. O prazo de inscrición para participar remata hoxe mércores, 10 de setembro, nos centros sociais municipais.

A cita dará comezo coa celebración da recepción oficial por parte da Concelleira de Muller e Benestar Social, que abrirá o programa da festa que se prolongará ao longo de todo o día coa realización dunha mostra de oficios e xogos tradicionais, entre outras actividades.

Ás 13:30 horas celebrarase o xantar, cun menú de 9 euros composto por entrantes, empanada, polbo a feira, carne ao caldeiro con cachelos, pan, viño, auga, refrescos, postre e café. A sobremesa estará amenizada por un humorista que dará paso ao baile que se alongará ata as 19:30 horas.

Os requisitos para poder asistir a esta festa é ser maior de 60 anos e estar empadroado en Lugo. O día da celebración haberá un servizo de autobuses dende os cinco centros sociais municipais e dende a zona rural.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova