Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo patrocina o III Salón Internacional de caza, pesca e actividades da natureza


# Mércores, 10/09/2008
SIDENATUR terá lugar no Pazo de Feiras e Congresos entre o 19 e o 21 de setembro

O Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, asistiu hoxe á presentación de SIDENATUR, o III Salón Internacional de caza, pesca e actividades da natureza que se celebrará no Pazo de Feiras e Congresos entre o 19 e o 21 de setembro .

O Salón, que está aptrocinado entre outros polo Concello de Lugo, ofrecerá aos visitantes a posibilidade de coñecer as novidades en complementos de caza, pesca, deportes e actividades da natureza. O obxectivo de SIDENATUR é crear un marco de intercambio empresarial e comercial entre as empresas e os usuarios.

Outro dos obxectivos do salón é introducir ao público en xeral na práctica da pesca e da caza deportiva atendendo ás modalidades menos lesivas co medio natural e ao coñecemento e a práctica de todas as actividades que se desenvolvan neste medio. Preténdese, ademais, contribuir a que os máis mozos aprendan a respectar o equilibrio do seu contorno e comecen a coñecer a sostibilidade.

Todas estas actividades está consideradas dunha gran importancia socio-económica, xerando riqueza e emprego, como o ecoturismo e o turismo rural, e poñendo en valor o patrimonio natural.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova