Cargando....
Concello de Lugo
22/09/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Arrinca o IV Concurso de Tapas organizado polo Concello de Lugo


# Venres, 12/09/2008
Os clientes poderán participar no sorteo de diferentes agasallos

Mañá sábado 13 de setembro arrinca o IV Concurso de Tapas de Lugo. Este certame, que é unha das iniciativas do Concello de Lugo para poner en valor a cociña da cidade, prolongarase ata o 28 deste mes e a selección dos gañadores será a principios do mes de outubro.

Esta edición conta con 40 participantes, dez máis que o ano pasado, dos cales 20 participarán na modalidade de tapa creativa e 20 na modalidade de tapa tradicional:

1.- A taberna do España
2.- Bodegón Espolada
3.- Café Bar Arume
4.- Café Bar Ave César
5.- Café Bar Boletus
6.- Cafetería Cook
7.- Cafetería La Iguana
8.- Cafetería O Pote
9.- Cafetería Restaurante Antas de Ulla
10.-Casa de Abaixo
11.- Cervecería Baco
12.- Cervecería La Estrella
13.- Cervecería Xerigan
14.- Curruncho A Nosa Terra
15.- Hotel Jorge I
16.- Ikebana Bar
17.- Le Petit Café
18.- Mesón da Pelusiña
19.- Mesón Viñoteca Lubre
20.- Metbar
21.- Minuetto
22.- Os Tilos
23.- Parrillada Porta de Santiago
24.- Pizzería Toscana
25.- Pool Bar Tiempos Modernos
26.- Restaurante Campos
27.- Restaurante España
28.- Restaurante Mesón de Alberto
29.-Restaurante Paprica
30.- Restaurante Parrillada Antonio
31.-Restaurante Parrillada O´Ventorro
32.- Restaurante Parrillada Savoy
33.- Restaurante Tosar
34.- Rincón de Santos
35.- Taberna de Daniel
36.-Tirabeque
37.- Vinoteca Casa D´Auga
38.- Vinoteca La Sucursal
39.- Vinoteca O Figón
40.- 101 Vinos

O público será quen decida os dous premios de votación popular (Tapa creativa San Froilán e Tapa tradicional San Froilán), e ademáis elexirá aos 30 finalistas dos que sairán os premios de votación polo xurado.

O cliente que consiga polo menos 12 recadros selados dos diferentes establecementos poderá participar no sorteo dos seguintes agasallos:

- catro lotes de viño da D.O. Ribeira Sacra, por cortesía da D.O. Ribeira Sacra.
- catro fins de semana no Hotel Husa Puerta de San Pedro, por cortesía de Husa Hoteles.
- cinco entradas para o Club Termal do Gran Hotel de Lugo, por cortesía do Gran Hotel de Lugo.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova