Cargando....
Concello de Lugo
18/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

As festas de San Froilán contarán cunha noite de rock galego


# Xoves, 11/09/2008
Os fundadores de Siniestro Total, Miguel Costas e Germán Coppini, tocarán de novo xuntos en Lugo nun concerto exclusivo

A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, anunciou unha nova actuación musical para as vindeiras festas de San Froilán que terán lugar entre o 4 e o 12 de outubro.

Nesta ocasión, Burgo explicou que a noite do 11 de outubro o protagonista será o rock galego coas actuacións de The Ellas, a formación liderada polo lucense Luis Tosar, e o grupo Def con Dos. Pero o prato forte da xornada será o concerto que ofrecerá Miguel Costas, o fundador de Siniestro Total, Aerolíneas Federales y Los Feliz, que presentará novo disco e coa colaboración, en exclusiva para Lugo, de Germán Coppini, ex lider de Gopes Bajos e fundador, tamén de Siniestro Total. Este concerto, que terá lugar a partir das 22:00 horas na praza Horta do Seminario, permitirá ver por primeira vez xuntos nun escenario aos fundadores de Siniestro Total dende que abandoaron o grupo.

Ademais, Burgo anunciou unha modificación no programa de concertos axenos a organización da súa Concellería. Por motivos de axenda de Diego, el Cigala, o seu concerto pasará a ser o 7 de setembro e o de Los Suaves ao 6 de outubro. Así o calendario de concertos, a falta dalgún por anunaciar, quedaría do seguinte xeito:
- Día 4 de outubro: Julieta Venegas, na praza Horta do Seminario ás 22:30 horas.
- Día 5 de outubro: Luar na Lubre, na praza de Santa María  ás 20:15 horas e Dover ás 22:30 horas na praza Horta do Seminario.
- Día 6 de outubro: Conchita, na praza de Santa María ás 20:30 horas e ás 22:00 Los Suaves na praza Horta do Seminario.
 - Día 7 de outubro: The Cabriolets actuarán na praza de Santa María ás 20:15 horas e Diego el Cigala ás 22:30 horas na praza Horta do Seminario.
- Día 8 de outubro: Pedro Guerra na praza de Santa María ás 20:15 horas mentras que Violadores del Verso actuarán ás 22:00 na praza Horta do Seminario.
- Día 10 de outubro: Facto delafe y las flores azules ás 22:30  na  praza Horta do Seminario.
- Día 11 de outubro: El Canto del Loco actuará ás 21:00 horas no Pazo de Feiras e Congresos. ( A apertura de portas será sobre as 19:00 horas). O mesmo día pero na praza Horta do Seminario actuarán ás 22:00 Def Con Dos,The Ellas e Miguel Costas con Germán Coppini .
- Día 12 de outubro: ás 22:00 horas actuará Melendi na praza Horta do Seminario.

Promoción das festas
Por outra banda a Concelleira explicou que  este ano utilizarase unha nova vía publicitaria para anunciar o San Froilán polo territorio nacional. Un total de 130 cabinas telefónicas de Galicia, Castilla León, Asturias e Madrid, conterán publicidade dos concertos que terán lugar durante as festas. Burgo indicou que “é unha nova maneira de chegar ao público e dar a coñecer as nosas festas por toda España”.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova