Imprimir

AS VISITAS DE LUGO DE ALMA ROMANA CONTINÚAN ESTA FIN DE SEMANA


11/9/2008 Os Vellos Oficios Vivos rematan este sábado 13 de setembro

Esta fin de semana continúan as representacións das visitas teatralizadas Lugo de alma romana organizadas pola Concellería de Cultura e Turismo que dirixe Concepción Burgo e que rematarán o vindeiro domingo 21 de setembro.

Os pases para disfrutar coa historia, que está a ter moito éxito entre os lucenses e visitantes, terán lugar no seguite horario:

- Venres: ás 18:00 horas e ás 20:00 horas

- Sábado: ás 13:00 horas, ás 18:00 horas e ás 20:00 horas.

- Domingo: ás 13:00 horas.

A duración das visitas será de 60 minutos e as entradas serán a 4 euros para os adultos e 2 para os nenos. Poderase recibir información e mercar as entradas no Centro de Interpretación da Muralla, nos hoteis da cidade e na Praza do Campo 15 minutos antes do comezo da visita.

Finalizan os Vellos Oficios Vivos
Por outra banda, as mostras dos Vellos Oficios Vivos que se realizan as fines de semana nos soportais da Praza Maior e que tratan de dar a coñecer os sistemas de traballo que empregan os artesáns galegos para confeccionar as súas pezas, chegan ao seu fin este sábado 13 de setembro.

Os que se acheguen ata o fondo dos soportais da Praza Maior, entre as 11:00 e as 15:00 horas pola mañá, e entre as 17:00 e as 20:00 horas pola tarde, poderán disfrutar nesta última demostración coas labores dun fiadoiro no que participarán seis artesáns que realizarán demostracións de tear, de tear  fleques, un mazorgueiro, fía na roca, cardado de la e unha devandeira. Nesta xornada participarán tamén as cantareiras de Cantar nas Eiras.