Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo presenta as Escolas Deportivas do curso 2008-2009


# Venres, 12/09/2008
A oferta inclúe ao redor de 20 modalidades diferentes

Co comezo do novo curso ponse en marcha tamén unha nova tempada das Escolas Deportivas Municipais organizadas polas Concellería de Deportes que dirixe José Manuel Díaz Grandío.

O Concelleiro anunciou que o vindeiro mércores, día 17 de setembro, ábrese o prazo para apuntarse ás diferentes modalidades ofertadas. Os interesados poderán inscribirse ata o 30 de setembro nas oficinas da Concellería de Deportes en horario de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas levando consigo unha fotografía tamaño carnet, o número de conta e o importe da matrícula que se pagará en man no momento de realizala.

Nesta nova tempada o Concello segue a apostar polo deporte base, ofertando un amplo abano de disciplinas para satisfacer o gusto de todos os lucenses. En total, son 19 as modalidades deportivas que se desenvolverán entre o mes de outubro e o mes de maio:

- Baloncesto
- Ximnasia de mantemento
- Kung-fu
- Karate
- Judo
- Hockei en liña (masculino)
- Hockei en liña (feminino)
- Ximnasia rítmica
- Tenis de mesa
- Ciclismo
- Triatlón
- Boxeo
- Béisbol
- Loita
- Tiro con arco
- Patinaxe
- Tenis
- Deporte para maiores
- Natación

Os cursos desenvolveranse nas instalacións deportivas municipais, e tamén en instalacións dos colexios de As Gándaras, Paradai, Luis Pimentel e Illa Verde. Ademais, terán lugar en varios centros da Asociación Provincial de Ximnasios.

O Concelleiro indicou que “na tempada 2007-2008 estas actividades contaron con máis de 5.000 usuarios e agardamos que este ano sexa tamén un éxito”.
 
O prezo medio das actividades e oscila entre os 7,60 euros do deporte destinado ás persoas da terceira idade e os 28,90 euros para a natación de adultos.

O Concelleiro mostrouse disposto a “colaborar con aquelas persoas que desexesen practicar algún deporte que non esté recollido nestas escolas municipais, xa que hoxe en Lugo se pode practicar casi calquera deporte (olímpico ou non). Este foi o caso da natación sincronizada que o vai a xestionar Natación Porta Miñá que comeza este sábado nas piscinas de As Pedreiras entre as 11:00 e as 13.00 horas”.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova