Cargando....
Concello de Lugo
16/09/19
NOVAS
Escoita esta páxina

A Semana Internacional de Cine de Lugo celebra o seu trixésimo aniversario


# Venres, 12/09/2008
A Casa do Concello acolle a presentación do programa da XXX edición

O Salón de Plenos do Concello de Lugo acolleu a presentación da XXX edición da Semana Internacional de Cine de Autor, organizada pola agrupación fotocinematográfica Fonmiñá.

A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, destacou a importancia deste certame no que se aunan claramente os esforzos de distintas institucións e entidades lucenses que fai posible que un ano máis teñamos a Semana de Cine. Xa na quinta edición, celebrada no ano 1983, contou coa colaboración do Concello de Lugo, e un ano despois xa era Semana Internacional de Cine. Burgo “felicitou á organización polo magnífico programa que presentan nesta ocasión e indicou que o grupo Fonmiñá é o responsable da grande afición cinematográfica que hai na cidade”.

Nesta edición proxectanse máis de 60 películas dende o domingo 21 de setembro ata o día 27, repartidas en varios ciclos e en varias ubicacións, como son o Auditorio Municipal Gustavo Freire, a sala de Caixa Galicia e a Biblioteca Provincial. Ademais, ao longo da Semana Internacional de Cine de Autor celebraranse distintos actos e homenaxes.

Este ano a Semana do Cine inclúe:

* Sección especial Gutierrez Alea, que terá lugar do 22 ao 26 de setembro ás 18:00 na Biblioteca Provincial..

*  Ciclo Igualdade, no Auditorio do día 22 ao 27 ás 19:00 horas.

*  Cine Cubano: na Biblioteca Provincial ás 20:00 horas entre os días 22 e 26 de setembro.

*  Sección Infantil do 22 ao 27 de setembro ás 17:00 horas no Auditorio.

*  Sección Imprescindibles: do 22 ao 27 ás 21:00 horas no Auditorio, que inclúe títulos como  La batalla de Hadiza, Media Luna ou Persepolis.

*  Sección Oficial, dende o día 22 ao 27 ás 23:00 horas no Auditorio. Neste ciclo proxectaranse filmes como Pretextos, 4 meses 3 semanas 2 días, Aritmética emocional ou La boda de tuya.

*  Outros Ciclos, que será entre o 22 e o 26 de setembro ás 20:00 horas en Caixa Galicia, incluíndo especiais como Curtas de Igualdade, Especial Xacobeo, Homenaxe a Tonina Gay, Curtas Cubanas e Imaxinadores (Arxentina)

O día 21 ás 20:00 horas será a gala de inauguración no Auditorio Municipal coa proxección da película Carmen (1918). Dirixida por Ernst Lubitsch recolle a historia de Don José, perdídamente namorado da cigarreira xitana Carmen.

O ciclo darase por concluído o sábado día 27 ás 23:00 coa proxección da comedia  francesa Conversaciones con mi jardinero.

O prezo das entradas oscilará entre os 2,50 e os 5 euros, aínda que moitos dos filmes terán a entrada gratuíta. O abono especial (dez películas a elexir) terá un prezo de 25 euros.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova