Cargando....
Concello de Lugo
09/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concelleira de Economía satisfeita pola boa acollida que teñen entre os grupos as propostas do Goberno para as Ordenanzas fiscais


# Luns, 15/09/2008
O equipo de goberno aposta pola conxelación de impostos para favorecer as economías domésticas

"O Concello de Lugo conta cunha economía saneada que lle permite conxelar os impostos beneficiando ás familias, sen mermar a recadacións das arcas municipais, xa que as altas do padrón aumentaron e iso permite non subir os impostos".

Así o explicou a Concelleira de Economía, Sonia Méndez, quen reiterou a aposta do equipo de goberno de favorecer, coas Ordenanzas Fiscais, ás economías domésticas. Méndez anunciou que na xuntanza cos grupos da oposición houbo respaldo para levar a cabo a conxelación do IBI e do imposto de circulación.

O Goberno local marcouse como unha das súas prioridades o mantemento do poder adquisitivo das familias lucenses non aumentando a carga cunha suba de impostos, nun momento no que a situación económica é inestable en toda España. Ademais, o equipo de López Orozco, que xa anunciou unha conxelación dos seus soldos,   propuxo unha bonificación do Imposto de Actividades Económicas (IAE) para as empresas non exentas -son as que facturan máis de 1 millón de euros, e en Lugo superan as 800- que cren postos de traballo indefinidos.

Outras das propostas do goberno, para beneficiar a creación de pequenas e medianas empresas, é a conxelación das taxas pola licenza de apertura de establecementos. Con estas medidas, Sonia Méndez destacou que se pretende "fomentar a creación de postos de traballo e de novas empresas".

Outra das liñas de axudas plantexada na xuntanza, é a enfocada á ampliación das bonificacións existentes para levar a cabo obras na zona PEPRI -centro histórico-. O que se pretende é que calquera obra que se realice nesta zona, e que non sexa obra nova, será bonificable nun 95% "ampliaremos ademais a zona de actuación abarcando calquera Área de Rehabilitación Integral, así declarada polo Ministerio. En Lugo neste momento temos o Sagrado Corazón, pero no futuro pode haber máis na cidade.  

Sonia Méndez cualificou como moi "satisfactoria" esta xuntanza, xa que as iniciativas do equipo de goberno recibiron unha boa acollida polos representantes políticos da oposición: "a intención do equipo de goberno é consensuar as Ordenanzas Fiscais do 2009, como fixemos o ano pasado".




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova