Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Paradai constitúe o primeiro exemplo de urbanización mediante o sistema de colaboración entre administración e veciños


# Martes, 16/09/2008
Conta con seis polígonos cunha superficie total de 41.500 metros cadrados

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Delegada de Urbanismo, María Novo, e o Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, visitaron hoxe as obras que se están a executar no barrio de Paradai.

López Orozco indicou que “nesta zona inponse un novo modelo de cidade, con novos espazos para urbanizar e construir vivendas de promoción publica e privada. Paradai é un exemplo singular de cómo se poden facer as cousas de forma extraordinaria contando coa colaboración dos veciños”.

O Alcalde suliñou o importante traballo de consenso e colaboración levado a cabo pola empresa municipal de vivenda e solo, Evislusa, nesta zona. “O Concello colaborou no desenvolvemento de solo residencial mediante o sistema de cooperación, onde o dono segue sendo propietario dos terreos e beneficiase das plusvalías”.

Paradai é unha área de urbanización de polígonos xestionados polo Concello de Lugo mediante cooperación cos titulares dos terreos. Conta con 6 polígonos cunha superficie total de 41.500 metros cadrados.

SUPERFICIE TOTAL POLIGONOS 1-6 PARADAI:

41.500 m2

CESIÓNS TOTAIS SISTEMA XERAL:

16.000 m2

CESIÓNS TOTAIS SISTEMA INTERIOR:
-   ZONAS VERDES / PASEOS-BOULEVARD:

SISTEMAS INTERIORES:
DOTACIÓNS:

15.700 m2
9.700 m2

3.600 m2
2.400 m2

TOTAL SOLO PRIVADO:

9.800 m2

Deles, as cesión de sistema xeral son as vías públicas en xeral, urbanizadas pola Xunta de Galicia. As cesións de sistema interior son as áreas urbanizadas en colaboración cos propietarios dos polígonos e o solo privado é o que teñen dereito a construir segundo o Plan Paradai.

Zonas verdes
Esta urbanización conta ademais con zonas verdes que son as que se urbanizan coa xestión municipal a través de Evislusa. A maior parte dos terreos públicos están destinados a paseos, espazos abertos que unen todos os polígonos mediante o boulevard central.

Esta urbanización conta ademais cunha nova área de xogos infantís.
 
Delimitación de parcelas municipais
O Alcalde e a Delegada de Urbanismo explicaron que Paradai é, ademais dun exemplo de traballo en equipo, un exemplo de boa xestión municipal. Aquí o Concello comezará o traballo de valado e delimitación das parcelas municipais. A partir desta zona, onde tamén incluiremos as parcelas privadas, farase no resto da cidade establecendo un modelo único de peche, para mellorar a estética das parcelas que non estén en uso, e evitar a mala imaxe que supoñen os terreos sen coidar para quen se achega á cidade.

Muro de gavións
Para salvar as fortes pendentes fixéronse muros, deles destaca o coñecido como muro de gavións que ten un volume de 630 m3, e que está construído mediante bloques de enreixados metálicos de aceiro galvanizado que albergan pedras de desfeito da canteira no seu interior. Colocados estos bloques uns sobre os outros deu pé a xenerar a gran zona verde dos polígonos 1-6 de Paradai, inmediata á área urbana existente.

Outra característica interesante supón a realización de áreas peonís estanciais en materiais blandos como o Eco-Stabil que é un composto de area e morteiro de consolidación derivado dos reciclados de vidro, que aporta estabilidade á area superficial de que se compón o pavimento.

No polígono 1 levouse a cabo unha gran área estancial con bancos, na que se aproveitou o arbolado existente, e que se dotou dunha área dedicada aos máis pequenos.

Datos de interese:

  • Superficie aproximada da área pavimentada con adoquín: 3500 m2.
  • Superficie aproximada da área pavimentada con pavimento de area consolidada: 1800 m2.
  • Nº de Farolas: 50
  • Nº de Bancos: 18
  • Nº de papeleiras: 13
  • 3 miradores de arredor de  100 metros cadrados cada un.
  • 1 área estancial de aproximadamente 2400 m2.
  • 1 parque infantil de 100 m2.
  • 1 área con céspede (encima do muro de gavións) de aproximadamente 700 m2.

Culminaráse a urbanización de toda esta área coa plantación en novembro, atendendo ao período de plantación, de 20 árbores de porte, a liquidambar styraciflua, no interior do paseo Boulevard (son árbores de porte con figura estilizada e cor roxiza-amarela en outono). Ademais, crearase unha zona de rocalla de preto de 100 metros cadrados na zona baixa do Polígono 3  con plantación de 3 árbores baixas, a Cercis Siliquastrum, que teñen unha flor malva na primavera. No acceso final plantarase unha árbore típica galega.

DATOS DE CADA POLÍGONO:

POLÍGONO 1 DE PARADAI

 

SUPERFICIE:

9.358,23 m2

COEFICIENTE EDIFICABILIDADE MÁXIMA:

1,60 m2e/m2s

SUPERFICIE EDIFICABLE S/RASANTE:

14.973,16 m2

USO RESIDENCIAL E COMPATIBLES COA ORDENANZA 05 DO PXOU

CESIÓNS DE SISTEMA XERAL:

3.831,60 m2

CESIÓNS DE SISTEMA INTERIORES:

  1. ZONAS VERDES/PASEOS-BOULEVARD:
  2. VIAL INTERIOR:

 

2.993,91 m2
152,05 m2

TOTAL SOLO PÚBLICO:

6.977,56 m2

TOTAL SOLO PRIVADO:

2.380,67 m2

ORZAMENTO DE CONTRATA DAS OBRAS DE URBANIZACIÓN

252.000 €

COSTE APROX. POR M2 DAS OBRAS

252.000/3.146= 80,10 €/ m2

ORZAMENTO DE DEMOLICIÓNS

8.000 €

 

POLÍGONO 2 DE PARADAI – TODAVIA SEN EXECUTAR

 

SUPERFICIE:

2.542,42 m2

COEFICIENTE EDIFICABILIDADE MÁXIMA:

1,60 m2e/m2s

SUPERFICIE EDIFICABLE S/RASANTE:

3.786,27 m2

USO RESIDENCIAL E COMPATIBLES COA ORDENANZA 05 DO PXOU

CESIÓNS DE SISTEMA XERAL:

465,51 m2

CESIÓNS DE SISTEMA INTERIORES:

  1. ZONAS VERDES/PASEOS-BOULEVARD:
  2. VIAL INTERIOR:
  3. DOTACIÓNS:

 

369,90 m2
64,91 m2
751,40 m2

TOTAL SOLO PÚBLICO:

1.651,72 m2

TOTAL SOLO PRIVADO:

890,70 m2

ORZAMENTO DE CONTRATA DAS OBRAS DE URBANIZACIÓN

             
----

COSTE APROX. POR M2 DAS OBRAS

----

ORZAMENTO DE DEMOLICIÓNS

----

 

POLÍGONO 3 DE PARADAI

 

SUPERFICIE:

9.369,05 m2

COEFICIENTE EDIFICABILIDADE MÁXIMA:

1,60 m2e/m2s

SUPERFICIE EDIFICABLE S/RASANTE:

14.990,48 m2

USO RESIDENCIAL E COMPATIBLES COA ORDENANZA 05 DO PXOU

CESIÓNS DE SISTEMA XERAL:

2.491,17 m2

CESIÓNS DE SISTEMA INTERIORES:

  1. ZONAS VERDES: /PASEOS-BOULEVARD:
  2. VIAL INTERIOR:
  3. DOTACIÓNS:

 

2.792,07m2
1.390,34 m2
89,72 m2

TOTAL SOLO PÚBLICO:

6.763,30 m2

TOTAL SOLO PRIVADO:

2.605,75 m2

ORZAMENTO DE CONTRATA DAS OBRAS DE URBANIZACIÓN

323.000 € 

COSTE APROX. POR M2 DAS OBRAS

323.000/2.792= 115,70 €/ m2

ORZAMENTO DE DEMOLICIÓNS

16.900 €

 

POLÍGONO 4 DE PARADAI

 

SUPERFICIE:

8.399,12 m2

COEFICIENTE EDIFICABILIDADE MÁXIMA:

1,60 m2e/m2s

SUPERFICIE EDIFICABLE S/RASANTE:

13.438,59 m2

USO RESIDENCIAL E COMPATIBLES COA ORDENANZA 05 DO PXOU

CESIÓNS DE SISTEMA XERAL:

3.697,88m2

CESIÓNS DE SISTEMA INTERIORES:

  1. ZONAS VERDES/PASEOS-BOULEVARD:
  2. DOTACIÓNS::

 

1.248,60 m2
1.584,80 m2

TOTAL SOLO PÚBLICO:

6.531,28 m2

TOTAL SOLO PRIVADO:

1.867,84 m2

ORZAMENTO DE CONTRATA DAS OBRAS DE URBANIZACIÓN

SEN OBRAS DE URBANIZACIÓN

COSTE APROX. POR M2 DAS OBRAS

--------

ORZAMENTO DE DEMOLICIÓNS

44.600 €

 

POLÍGONO 5 DE PARADAI

 

SUPERFICIE:

1.011,17 m2

COEFICIENTE EDIFICABILIDADE MÁXIMA:

3,00 m2e/m2s

SUPERFICIE EDIFICABLE S/RASANTE:

3.033,51 m2

USO RESIDENCIAL E COMPATIBLES COA ORDENANZA 05 DO PXOU

CESIÓNS DE SISTEMA XERAL:

0 m2

CESIÓNS DE SISTEMA INTERIORES:

  1. ZONAS VERDES/PASEOS-BOULEVARD:
  2. VIAL INTERIOR:

 

408,77 m2
164,01 m2

TOTAL SOLO PÚBLICO:

572,78 m2

TOTAL SOLO PRIVADO:

438,39 m2

ORZAMENTO DE CONTRATA DAS OBRAS DE URBANIZACIÓN

66.000 €

COSTE APROX. POR M2 DAS OBRAS

66.000/575= 114,75 €/ m2

ORZAMENTO DE DEMOLICIÓNS

14.500 €

 

POLÍGONO 6 DE PARADAI

 

SUPERFICIE:

10.855,81 m2

COEFICIENTE EDIFICABILIDADE MÁXIMA:

1,10 m2e/m2s

SUPERFICIE EDIFICABLE S/RASANTE:

11.941,39 m2

USO RESIDENCIAL E COMPATIBLES COA ORDENANZA 05 DO PXOU

CESIÓNS DE SISTEMA XERAL:

5.550,42 m2

CESIÓNS DE SISTEMA INTERIORES:

  1. ZONAS VERDES/PASEOS-BOULEVARD:
  2. VIAL INTERIOR:

 

1.891,21 m2
1.829,11 m2

TOTAL SOLO PÚBLICO:

9.270,74 m2

TOTAL SOLO PRIVADO:

1.585,07 m2

ORZAMENTO DE CONTRATA DAS OBRAS DE URBANIZACIÓN

192.000 €

COSTE APROX. POR M2 DAS OBRAS

192.000/3720,32= 51,60 €/ m2

ORZAMENTO DE DEMOLICIÓNS

0 €




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova