O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Delegada de Urbanismo, María Novo, e o Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, visitaron hoxe as obras que se están a executar no barrio de Paradai.
López Orozco indicou que “nesta zona inponse un novo modelo de cidade, con novos espazos para urbanizar e construir vivendas de promoción publica e privada. Paradai é un exemplo singular de cómo se poden facer as cousas de forma extraordinaria contando coa colaboración dos veciños”.
O Alcalde suliñou o importante traballo de consenso e colaboración levado a cabo pola empresa municipal de vivenda e solo, Evislusa, nesta zona. “O Concello colaborou no desenvolvemento de solo residencial mediante o sistema de cooperación, onde o dono segue sendo propietario dos terreos e beneficiase das plusvalías”.
Paradai é unha área de urbanización de polígonos xestionados polo Concello de Lugo mediante cooperación cos titulares dos terreos. Conta con 6 polígonos cunha superficie total de 41.500 metros cadrados.
SUPERFICIE TOTAL POLIGONOS 1-6 PARADAI: |
41.500 m2 |
CESIÓNS TOTAIS SISTEMA XERAL: |
16.000 m2 |
CESIÓNS TOTAIS SISTEMA INTERIOR: DOTACIÓNS: |
15.700 m2 |
TOTAL SOLO PRIVADO: |
9.800 m2 |
Deles, as cesión de sistema xeral son as vías públicas en xeral, urbanizadas pola Xunta de Galicia. As cesións de sistema interior son as áreas urbanizadas en colaboración cos propietarios dos polígonos e o solo privado é o que teñen dereito a construir segundo o Plan Paradai.
Zonas verdes
Esta urbanización conta ademais con zonas verdes que son as que se urbanizan coa xestión municipal a través de Evislusa. A maior parte dos terreos públicos están destinados a paseos, espazos abertos que unen todos os polígonos mediante o boulevard central.
Esta urbanización conta ademais cunha nova área de xogos infantís.
Delimitación de parcelas municipais
O Alcalde e a Delegada de Urbanismo explicaron que Paradai é, ademais dun exemplo de traballo en equipo, un exemplo de boa xestión municipal. Aquí o Concello comezará o traballo de valado e delimitación das parcelas municipais. A partir desta zona, onde tamén incluiremos as parcelas privadas, farase no resto da cidade establecendo un modelo único de peche, para mellorar a estética das parcelas que non estén en uso, e evitar a mala imaxe que supoñen os terreos sen coidar para quen se achega á cidade.
Muro de gavións
Para salvar as fortes pendentes fixéronse muros, deles destaca o coñecido como muro de gavións que ten un volume de 630 m3, e que está construído mediante bloques de enreixados metálicos de aceiro galvanizado que albergan pedras de desfeito da canteira no seu interior. Colocados estos bloques uns sobre os outros deu pé a xenerar a gran zona verde dos polígonos 1-6 de Paradai, inmediata á área urbana existente.
Outra característica interesante supón a realización de áreas peonís estanciais en materiais blandos como o Eco-Stabil que é un composto de area e morteiro de consolidación derivado dos reciclados de vidro, que aporta estabilidade á area superficial de que se compón o pavimento.
No polígono 1 levouse a cabo unha gran área estancial con bancos, na que se aproveitou o arbolado existente, e que se dotou dunha área dedicada aos máis pequenos.
Datos de interese:
Culminaráse a urbanización de toda esta área coa plantación en novembro, atendendo ao período de plantación, de 20 árbores de porte, a liquidambar styraciflua, no interior do paseo Boulevard (son árbores de porte con figura estilizada e cor roxiza-amarela en outono). Ademais, crearase unha zona de rocalla de preto de 100 metros cadrados na zona baixa do Polígono 3 con plantación de 3 árbores baixas, a Cercis Siliquastrum, que teñen unha flor malva na primavera. No acceso final plantarase unha árbore típica galega.
DATOS DE CADA POLÍGONO:
POLÍGONO 1 DE PARADAI |
SUPERFICIE: |
9.358,23 m2 |
COEFICIENTE EDIFICABILIDADE MÁXIMA: |
1,60 m2e/m2s |
SUPERFICIE EDIFICABLE S/RASANTE: |
14.973,16 m2 |
USO RESIDENCIAL E COMPATIBLES COA ORDENANZA 05 DO PXOU |
|
CESIÓNS DE SISTEMA XERAL: |
3.831,60 m2 |
CESIÓNS DE SISTEMA INTERIORES:
|
2.993,91 m2 |
TOTAL SOLO PÚBLICO: |
6.977,56 m2 |
TOTAL SOLO PRIVADO: |
2.380,67 m2 |
ORZAMENTO DE CONTRATA DAS OBRAS DE URBANIZACIÓN |
252.000 € |
COSTE APROX. POR M2 DAS OBRAS |
252.000/3.146= 80,10 €/ m2 |
ORZAMENTO DE DEMOLICIÓNS |
8.000 € |
POLÍGONO 2 DE PARADAI – TODAVIA SEN EXECUTAR |
SUPERFICIE: |
2.542,42 m2 |
COEFICIENTE EDIFICABILIDADE MÁXIMA: |
1,60 m2e/m2s |
SUPERFICIE EDIFICABLE S/RASANTE: |
3.786,27 m2 |
USO RESIDENCIAL E COMPATIBLES COA ORDENANZA 05 DO PXOU |
|
CESIÓNS DE SISTEMA XERAL: |
465,51 m2 |
CESIÓNS DE SISTEMA INTERIORES:
|
369,90 m2 |
TOTAL SOLO PÚBLICO: |
1.651,72 m2 |
TOTAL SOLO PRIVADO: |
890,70 m2 |
ORZAMENTO DE CONTRATA DAS OBRAS DE URBANIZACIÓN |
|
COSTE APROX. POR M2 DAS OBRAS |
---- |
ORZAMENTO DE DEMOLICIÓNS |
---- |
POLÍGONO 3 DE PARADAI |
SUPERFICIE: |
9.369,05 m2 |
COEFICIENTE EDIFICABILIDADE MÁXIMA: |
1,60 m2e/m2s |
SUPERFICIE EDIFICABLE S/RASANTE: |
14.990,48 m2 |
USO RESIDENCIAL E COMPATIBLES COA ORDENANZA 05 DO PXOU | |
CESIÓNS DE SISTEMA XERAL: |
2.491,17 m2 |
CESIÓNS DE SISTEMA INTERIORES:
|
2.792,07m2 |
TOTAL SOLO PÚBLICO: |
6.763,30 m2 |
TOTAL SOLO PRIVADO: |
2.605,75 m2 |
ORZAMENTO DE CONTRATA DAS OBRAS DE URBANIZACIÓN |
323.000 € |
COSTE APROX. POR M2 DAS OBRAS |
323.000/2.792= 115,70 €/ m2 |
ORZAMENTO DE DEMOLICIÓNS |
16.900 € |
POLÍGONO 4 DE PARADAI |
SUPERFICIE: |
8.399,12 m2 |
COEFICIENTE EDIFICABILIDADE MÁXIMA: |
1,60 m2e/m2s |
SUPERFICIE EDIFICABLE S/RASANTE: |
13.438,59 m2 |
USO RESIDENCIAL E COMPATIBLES COA ORDENANZA 05 DO PXOU |
|
CESIÓNS DE SISTEMA XERAL: |
3.697,88m2 |
CESIÓNS DE SISTEMA INTERIORES:
|
1.248,60 m2 |
TOTAL SOLO PÚBLICO: |
6.531,28 m2 |
TOTAL SOLO PRIVADO: |
1.867,84 m2 |
ORZAMENTO DE CONTRATA DAS OBRAS DE URBANIZACIÓN |
SEN OBRAS DE URBANIZACIÓN |
COSTE APROX. POR M2 DAS OBRAS |
-------- |
ORZAMENTO DE DEMOLICIÓNS |
44.600 € |
POLÍGONO 5 DE PARADAI |
SUPERFICIE: |
1.011,17 m2 |
COEFICIENTE EDIFICABILIDADE MÁXIMA: |
3,00 m2e/m2s |
SUPERFICIE EDIFICABLE S/RASANTE: |
3.033,51 m2 |
USO RESIDENCIAL E COMPATIBLES COA ORDENANZA 05 DO PXOU |
|
CESIÓNS DE SISTEMA XERAL: |
0 m2 |
CESIÓNS DE SISTEMA INTERIORES:
|
408,77 m2 |
TOTAL SOLO PÚBLICO: |
572,78 m2 |
TOTAL SOLO PRIVADO: |
438,39 m2 |
ORZAMENTO DE CONTRATA DAS OBRAS DE URBANIZACIÓN |
66.000 € |
COSTE APROX. POR M2 DAS OBRAS |
66.000/575= 114,75 €/ m2 |
ORZAMENTO DE DEMOLICIÓNS |
14.500 € |
POLÍGONO 6 DE PARADAI |
SUPERFICIE: |
10.855,81 m2 |
COEFICIENTE EDIFICABILIDADE MÁXIMA: |
1,10 m2e/m2s |
SUPERFICIE EDIFICABLE S/RASANTE: |
11.941,39 m2 |
USO RESIDENCIAL E COMPATIBLES COA ORDENANZA 05 DO PXOU |
|
CESIÓNS DE SISTEMA XERAL: |
5.550,42 m2 |
CESIÓNS DE SISTEMA INTERIORES:
|
1.891,21 m2 |
TOTAL SOLO PÚBLICO: |
9.270,74 m2 |
TOTAL SOLO PRIVADO: |
1.585,07 m2 |
ORZAMENTO DE CONTRATA DAS OBRAS DE URBANIZACIÓN |
192.000 € |
COSTE APROX. POR M2 DAS OBRAS |
192.000/3720,32= 51,60 €/ m2 |
ORZAMENTO DE DEMOLICIÓNS |
0 € |