Cargando....
Concello de Lugo
16/09/19
NOVAS
Escoita esta páxina

A programación de concertos de San Froilán xa está completa


# Mércores, 17/09/2008
O grupo catalán Pastora, o vasco Tirri Tarra e varios grupos locales actuarán durante as festas patronais

A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, presentou as últimas citas musicais das vindeiras festas de San Froilán que quedaban por anunciar. O programa de concertos queda así pechado co seguinte calendario:

- Día 4 de outubro: Ás 18:00 horas as nenas e nenos da cidade terán unha cita con Pesdelán, mentras que ás 22:00 será a mexicana Julieta Venegas a que actúe na praza Horta do Seminario.

- Día 5 de outubro: Luar na Lubre, na praza de Santa María ás 20:15 horas e Dover ás 22:30 horas na praza Horta do Seminario.

- Día 6 de outubro: Conchita, na praza de Santa María ás 20:30 horas e Os Suaves ás 22:30 horas na praza Horta do Seminario.

- Día 7 de outubro: Ás 20:15 horas actuará Diego, el Cigala na praza Horta do Seminario, The Cabriolets actuarán na praza de Santa María ás 22:00 horas.

- Día 8 de outubro: Pedro Guerra na praza de Santa María ás 20:15 horas mentres que Violadores do Verso actuarán ás 22:00 na praza Horta do Seminario.

- Día 9 de outubro: Ás 20:30 horas actuará o grupo vasco Tirri Tarra coa Coral do Xeral Calde na praza Horta do Seminario e ás 21:00 horas os grupos lucenses Psicolepsia, Kimuru e Hollywater.

- Día 10 de outubro: Ás 18.30 horas actuarán en Santa María Batital e Kentokaki,
dende as 21:00 horas irán pasando polo escenario da praza Horta do Seminario Facto delafé y las flores azules, Pastora, Safari Orquestra e Doctor Think.

- Día 11 de outubro: El Canto del Loco actuará ás 21:00 horas no Pazo de Feiras e Congresos. ( A apertura de portas será sobre as 19:00 horas). O Festival de Folklore Tradicional terá lugar ás 18:00 horas na praza de Santa María. O mesmo día pero na praza Horta do Seminario terá lugar a Noite de Rock Galego, ás 22:00 horas actuarán Def Con Dos,The Ellas e Miguel Costas con Germán Coppini .

- Día 12 de outubro: Pechando o calendario de concertos ás 22:00 horas actuará Melendi na praza Horta do Seminario.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova