Cargando....
Concello de Lugo
29/10/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo sensibilizará aos máis novos sobre as consecuencias negativas do consumo excesivo de alcohol


# Venres, 19/09/2008
Será a noite do sábado 20 de setembro no entorno do Parque de Rosalía

O Servizo de Prevención de Drogodependencias da Concellería de Muller e Benestar Social do Concello de Lugo retoma, despois dos meses de verán, o proxecto Creative. Trátase dun programa de prevención de drogas e minimización de riscos. A súa poboación obxectiva é a mocidade comprendida entre os 14 e os 24 anos. Consiste en saídas nocturnas ás zonas de concentración da mocidade no ocio nocturno e a montaxe dun stand dende onde se facilita información oral e mediante panfletos, na línea de diminución do dano, sobre distintas sustancias adictivas.

Os obxectivos perseguidos polo Concello de Lugo son:

- promover o non consumo e/ou as conductas responsables ante o mesmo

- proveer aos mozos e mozas de información veraz e obxectiva mediante un atractivo e amplo abano de soportes informativos

- fomentar nos usuarios a conciencia de risco.

O xeito de actuación está baseado primordialmente no respecto e a non intromisión na individualidade e a autonomía persoal. A información proporcionada sería sempre a demandada polo interesado con mensaxes respectuosas e non reduccionistas  ao que é bo ou malo, ainda que a intención final é a de promocionar o non consumo, considerando que o uso ou non de sustancias é unha elección persoal que ten que ser tomada dende unha posición de responsabilidade e coa información necesaria. O verdadeiro obxectivo do programa é conseguir que a elección tomada pola persoa se leve a cabo do xeito mais seguro e responsable posible.

Localización:
As actuacións propostas levaranse a cabo nas zonas de maior concentración xuvenil ao longo deste ano e do próximo ano 2008. A primeira terá como punto clave o Parque de Rosalía de Castro, considerado un lugar de risco pola concentración de rapaces e rapazas que fan botellón durante as fines de semana. A intervención terá lugar na madrugrada do sábado 20 de setembro ao domingo 21, entre as 24:00 e as 3:00 horas.

Despois de 3 intervencións xa realizadas ao longo do ano 2008, continúan as previstas para finalizar este año nas siguientes fechas:

- Setembro: sábado 20

- Outubro: sábado 18

- Novembro: sábado 29




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova