Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Continúan as actividades da Semana Europea da Mobilidade organizadas polo Concello de Lugo


# Venres, 19/09/2008
Formación para ciclistas e probas deportivas centran o programa da fin de semana

O programa da Semana Europea da Mobilidade organizado polo Concello de Lugo continúa esta fin de semana cun bo número de actividades.

Mañá sábado, 20 de setembro, terá lugar a segunda xornada sobre seguridade vial para os usuarios de bicicletas organizada pola Concellería de Protección da Comunidade que dirixe José Rábade. Esta impartirase no Centro Social Uxío Novoneyra entre as 11:00 e as 12.00 horas. Un axente da Policía Local será o encargado de impartir esta charla que rematará co reparto de chalecos e cascos para os ciclistas e dun libro con normas de seguridade vial.
 
Mañá terá lugar tamén o VII Gran Premio Lugo Rural de ciclismo organizado pola Concellería de Deportes que dirixe José Manuel Díaz Grandío. Esta cita comezará ás 15:00 e rematará ás 20:00 horas e o percorrido será: Praza de Santo Domingo (saída e meta), Rúa San Marcos, Praza de San Fernando, Ronda da Muralla entre a Porta de San Fernando e a de Bispo Odoario, rúa Montevideo, Quiroga Ballesteros e Praza de Santo Domingo.

O domingo, día 21 de setembro, como broche de ouro, terá lugar o XV Día da Bicicleta, que comezará cunha concentración na Praza Maior ás 11:30 e un percorrido en bicicleta de 8 quilómetros que sairá do Concello ás 12:00 horas. O itinerario nesta edición será: Rúa Raíña, Rúa San Marcos, Porta de San Fernando, Avenida da Coruña, Rúa Mallorca, Praza da Milagrosa, Curros Enríquez, Camiño Real, Ronda da Muralla, Rúa Vilalba, Avenida Rodríguez Mourelo, Avenida García Portela, Ramón Ferreiro, Rúa San Roque, Ronda da Muralla, Avenida da Coruña, Rúa Montefaro, Avenida Infanta Elena para chegar ao Centro Comercial das Termas.

Ademáis, esta mesma xornada celébrase o Día sen coches, polo que estará pechado o acceso de automóbiles ao centro da cidade. Soamente estará permitido o paso a residentes e propietarios de prazas de garaxe.

O día 22 de setembro con motivo do Día Europeo sen coches o transporte público urbano será gratuíto.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova