Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo presenta a Guía Educativa do curso 2008-2009


# Venres, 19/09/2008
O obxectivo é completar a formación que reciben os alumnos e alumnas nos centros educativos da cidade

A Concelleira de Educación, María Dolores Vieiro, presentou a Guía Educativa do vindeiro curso escolar 2008-2009, da que se editaron 300 exemplares que se enviarán ós distintos centros educativos, ás asociacións de nais e pais, aos centros sociais municipais e bibliotecas de Lugo.  Así como outros Concellos da xeografía española.

Esta guía edítase para que os cidadáns teñan conñecemento das actividades programadas dende o Concello e que están orientadas á comunidade escolar co obxectivo de completar  e mellorar a educación dos cativos e cativas da cidade. Para nós é fundamental a educación dos rapaces e rapazas, e desexamos que estas actividades de gran calidade complementen a súa formación.

Coa publicación desta guía e a elaboración do programa de actividades a Concellería de Educación cumple coa condición de Lugo como parte da Asociación Internacional de Cidades Educadoras (AICE), da que forma parte dende o ano 2000, ao desenvolver unha iniciativa na que o aprendizaxe non é individualizado senón que se produce nun marco de convivencia e integración.

A Concelleira destacou a continuidade do programa Escola Aberta que contempla a apertura das escolas dende as 7:30 horas ata ás9:00 e de 14:00 a 16:00 horas.Ademais, Vieiro suliñou a incorporación dun novo centro ao servizo de comedor: o CEIP Rosalía de Castro.

As actividades educativas, culturais e deportivas que se desenvolven nos centros educativos en horario extraescolar están recollidas na guía, así como o programa de Educación viaria, os Hortos na escola, Arqueoloxía na escola, Aprendemos sobre o río, teatro en inglés ou o Goberno infantil.

A guía presenta tamén actividades dirixidas ó público xeral como o Xadrez para todos, actividades para o profesorado e para pais e nais.


Outras Concellerías
A oferta de actividades recollidas nesta guía inclúe aquelas ofertadas por outras Concellerías en materia educativa. A Concellería de Servizos Xerais continúa coa súa aposta por unha alimentación saudable coas campañas de Almorzos saudables e Non só comas, aliméntate para previr a anorexia e a bulimia. Esta Concellería ademais, fai un esforzo por acercar as novas tecnoloxías á educación coas Familias Dixitais, a Aula Multimedia do Castiñeiro ou Lugo Singular.

En canto as propostas da Concellería de Medio Ambiente, céntranse na concienciación dos máis novos coa necesidade de conservación da naturaza. Baixo o lema “pensar globalmente, actuar localmente” os rapaces coñecen a Axenda 21 Escolar. O obxectivo é que os alumnos e alumnas comprendan que para actuar no cambio dun mundo máis sostible, deben comezar dende o máis próximo.

Para fomentar a actividade física e deportiva entre os máis pequenos a Concellería de Deportes organiza as escolas deportivas municipais durante o curso e as escolas deportivas de verán.

Pola súa banda, a Concellería de Muller e Servizos Sociais fai un especial esforzo nas actividades relativas á prevención das drogodependencias, e a Concellería de Xuventude continuará coas actividades dirixidas ao cativos e cativas na Casa da Música, as asesorías, o Censo de Grupos Musicais, o Arde Lucus e os Xoves con Arte, entre outras actividades.

Pola súa banda, a Concellería de Economía e Emprego, organizará unha serie de actividades en colaboración coa Concellería de Educación, que se levarán a cabo nas instalacións do CEI-Nodus para familiarizar aos alumnos con conceptos empresariais e promover entre eles a idea do emprendemento empresarial. Unha iniciativa recollida tamén no programa electoral do Grupo de Goberno.

Guía bilingüe
A Concelleira explicou que “este ano como novidade a guía educativa editouse en castelán e en galego para poder enviala a outras cidades de toda España que tamén envían a Lugo os seus programas de actividades educativas”.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova