Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

As visitas teatralizadas Lugo de alma romana despídese ata o ano que ven cunha media de 57 espectadores por sesión


# Domingo, 21/09/2008
Ao longo dos meses de verán houbo 76 representacións polas rúas da cidade

Esta fin de semana rematou o espectáculo Lugo de alma romana coas últimas visitas teatralizadas organizadas pola Concellería de Cultura e Turismo. Estas representacións están encadradas dentro da programación cultural de verán en Lugo e comezaron o pasado 5 de xullo.

Ao longo do verán celebráronse 76 representacións que acumularon unha media de 57 espectadores por sesión, polo que máis de 4.300 persoas, lucenses e visitantes, asistiron aos pases desta máxica historia na que a protagonista é a cidade de Lugo.

Este ano as visitas teatralizadas contaron cun novo guión, un novo vestiario e un percorrido moito máis amplo que en edicións anteriores. Partindo da Praza do Campo, a historia desenvolveuse pola Praza de Santa María, Praza Maior e finalizou no tramo peonil da Ronda da Muralla, proporcionando unha visión literaria e poética da cidade pero tamén un bo número de datos históricos da cidade ao longo de todos estes séculos.

A duración das visitas foi de 60 minutos e as entradas a 4 euros para os adultos e 2 para os nenos.  Dende  o Concello valórase moi positivamente a acollida, que como cada ano,  tivo esta iniciativa por parte do público.

As Visitas Teatralizadas permitiron que o Concello de Lugo continuase coa súa política de levar a cultura á rúa para facela accesible a toda a cidadanía e encher as rúas lucenses de iniciativas artísticas durante boa parte do ano.

A historia de Lugo, da cidade bimilenaria, convertida en guión teatral recibiu ademais moi boas críticas por parte de numerosos medios de comunicación de toda España que se fixeron eco da proposta. Tamén foi moi ben acollida pola xente de Lugo, verdadeiros coñecedores da vida diaria da cidade e grandes partícipes das propostas municipais.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova