Imprimir

O ALCALDE CELEBRA O SEU TRADICIONAL ENCONTRO DIXITAL COS INTERNAUTAS


22/9/2008 A cita será o mércores 24 de setembro a partir das 18:30 horas

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, celebrará o seu tradicional encontro dixital cos internautas este mércores, 24 de setembro, ás 18:30 horas.

López Orozco retoma esta cita coa cidadanía despois da tempada de verán e atenderá as consultas dos internautas desde o despacho de Alcaldía.

Os interesados en participar poden empezar a mandar as súas preguntas a través da páxina web municipal.