Cargando....
Concello de Lugo
23/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Comunicado de Condena do Concello de Lugo


# Martes, 23/09/2008


O Concello de Lugo condena rotundamente o atentado cometido pola banda terrorista ETA esta fin de semana que lle custou a vida ao brigada Luis Conde perpetrado por ETA na localidade de Santoña e os cometidos o domingo en Ondarroa (Vizcaia) e Vitoria.

A carreira criminal destes desaprensivos acaba unha vez máis coa tranquilidade dun pobo pacífico. Por iso, a Corporación Municipal, en representación do pobo de Lugo, súmase á dor da familia do falecido e dos feridos e condena estas brutais accións que non teñen ningunha xustificación.

Ratificamos o noso compromiso de actuar unidos co obxectivo de acabar con este inimigo da sociedade democrática que o único que sabe é amedrentar, cunha chantaxe permanente de violencia e medo cara aos cidadáns.

A cidadanía de Lugo cre na convivencia pacífica, na tolerancia, no respecto á vida e na liberdade plena. Unha vez máis unímonos no mesmo desexo e no mesmo berro de condena: Non ao terrorismo.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova