Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo e Caixa Galicia renovan o seu acordo de colaboración para facilitar o pago de tributos municipais


# Mércores, 24/09/2008
O Goberno local lembrou que para o vindeiro ano os impostos que afectan a máis poboación, IBI e IVTM, quedarán conxelados

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o director territorial de Caixa Galicia, Walter Álvarez, asinaron un novo convenio de colaboración para facilitar aos administrados e  o pago dos tributos municipais.

Este acordo permitirá aos veciños e veciñas de Lugo pagar os seus impostos en calquera oficina de Caixa Galicia, nos caixeiros automáticos e a través da Banca Telefónica. Ademais, como novidade este ano, e co obxectivo de mellorar o servizo, tamén poderán facelo directamente por medio da pasarela de pagos on line do Concello de Lugo, que está activa na páxina principal www.lugo.es.

Este medio de pagamento únese a outros postos en marcha pola área de Economía municipal e que son: o pago a través da web, que é unha opción de pagamento telemático para todos os contribuíntes, o pago por TPV mediante tarxeta directamente na Tesourería Municipal, en caixeiros, a domiciliación, que se modificou e agora, ante a demanda dos contribuíntes que teñen os recibos domiciliados de que o cobro non se cargara o primeiro día do pagamento, xa que os perxudicaba fronte aos que tiñan dous meses máis para facer o pago, decidiuse que os cargos se realizaran nos últimos 15 días para beneficiar así ás persoas que deciden domiciliar os seus recibos.

De feito todos os cidadáns que teñan domiciliado o pago do Imposto de Bens Inmobles, recibirán o cargo o día 5 de novembro e non os primeiros días do período de cobro (do 22 de setembro ao 20 de novembro), como se viña facendo ata agora.

A modernización dos cobros posta en marcha polo Goberno local, tamén chegou aos recibos. Para os que non teñen o recibo domiciliado hai un novo modelo máis claro, con máis información sobre recargos en caso de pago fóra de prazo, etc.

Guía do Contribuínte
O Concello en colaboración con Caixa Galicia tamén editou unha Guía do Contribuínte que se reeditará pevisiblemente cada ano para manter correctamente informados aos administrados.

Trátase dun manual con información de moita utilidade para os contribuíntes, así como dun calendario estable para o pago dos tríbutos. O Concello cumpre así cunha demanda dos veciños que pedían datas concretas e fixas para efectuar o pago dos impostos.

Esta nova ferramenta posta a disposición da cidadanís permitiralles coñecer o período no que está obrigada ao pagamento dos tributos. Estes períodos foron fixados xa na Ordenanza Fiscal Xeral, e agora recóllense de forma clara neste calendario ao que toda a poboación terá acceso tamén dende a páxina web municipal. Deste xeito, o contribuínte saberá sempre de antemán cando comezan os prazos de cada imposto e poderá planificar a súa economía.

Esta guía inclúe tamén unha descrición dos Tributos Municipais para garantir que os contribuíntes teñan claras as súas obrigas tributarias, coñezan o feito impoñible e saiban en que circunstancias están obrigados a pagar. Inclúe tamén información sobre os Beneficios Fiscais, para que a cidadanía coñeza os seus dereitos, unha relación dos medios de pagamento existentes, e o modelo de domiciliación de recibos que o contribuínte pode cubrir e depositar nas dependencias da Tesourería Municipal.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova