Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Feira do Mel de Lugo terá lugar esta fin de semana


# Mércores, 24/09/2008
19 expositores porán á venda 1.500 quilos de mel

A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, o representante da Asociación Galega de Apicultura, Marcos Varela, e a presidenta da Asociación Provincial Lucense de Apicultura, e Josefa Docal, presentaron unha nova edición da Feira do Mel de Lugo.

Como todos os anos o Concello colabora con esta cita co mel que terá lugar o 28 de setembro na Praza da Soidade.

A feira, na que estarán presentes 19 expositores, abrirá as súas portas ás dez da maña e ofrecerá tanto exposición e venda de produtos apícolas da provincia como divulgación desta profesión. Está previsto que se poñan á venda 1.500 quilos de mel a     6´5 euros ó quilo e a 3´5 euros o medio quilo.
   
A inauguaración oficial terá lugar ás 12:30 horas, pero a feira abrirá as súas portas as dez da mañá e pechará ás sete.  Ademais, ás 17:30 terá lugar un sorteo de produtos apícolas. Haberá tamén un obradoiro de ceras, un certame de debuxo apícola infantil e a divulgación de "O mundo das abellas".
     
A Concelleira animou a todos a participar neste evento e "achegarse para mercar un producto que ten excelentes propiedades para a saúde, sobretodo agora que se achega o inverno".




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova