Cargando....
Concello de Lugo
16/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo repartirá 6.000 axendas para pais e nais co obxectivo de previr as drogodependencias


# Luns, 22/09/2008
O Servizo Municipal de Drogodependencias repartirá ademais axendas para os alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria e continuará con Cinensino

A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, presentou hoxe unha serie de novas iniciativas do Servizo Municipal de Drogodependencias que depende da súa Concellería.

Por unha banda, a Concelleira presentou as axendas preventivas para pais e nais do curso 2008-2009 incluída dentro do programa de prevención familiar “Entre Lusco e Fusco” que serán entregado a todos os pais con fillos escolarizados entre 3º e 6º de Primaria nos 24 centros escolares de Lugo dende hoxe ata o venres 26 de setembro.

En total serán un total de 6.000 axendas que teñen como obxectivo poñer á disposición das familias unha ferramenta de utilidade que sirva como soporte para transmitir información de interés para a educación e a prevención dos seus fillos.

As axendas, ademais dos contidos comúns a todas as axendas como festivos, días mundiais de relevancias, espazos para os horarios con citas, etc, desenvolven ao longo de cada mes unha serie de temas sobre prevención, a actuación da familia, información sobre drogas e estatísticas. Ao final das axendas aparece un glosario que será de gran utilidade para que as familias poidan coñecer e recoñecer con profundidade os términos e conceptos propios das drogadiccións.

Tamén se inclúe ao largo da axenda as diferentes formas nas que os pais e nais poden contactar para solicitar axuda e asesoramento por parte dos técnicos do Servizo de Prevención de Drogodependencias do Concello: teléfonos, web, dirección, etc…

A Concelleira destacou como novidade a claridade do calendario de traballo coas familias que se inclúe na axenda. Trátase dunha relación de datas nas que, cada mes, os pais atoparán as actividades propostas polos técnicos do Servizo Municipal de Prevención e que se levarán a cabo nos centros educativos ao longo do curso 08-09:

            - talleres, asesorías  e charlas para pais e nais nos diferentes Colexios. Unha visita como mínimo a cada escola.

            - edición e publicación mensual dun folleto ou monográfico, onde se desenvove máis profundamente o tema comentado cada mes ao longo da axenda.
            - servizo de asesoría por correo e internet (para os pais e nais que por falta de tempo non poden asistir ás charlas dos centros educativos).

O Segredo da Boa vida.
A Concelleira anunciou tamén que se repartirán entre 1600 alumnas e alumnos de 5º e 6º de Primaria das escolas lucenses  unhas axendas que inclúen actividades sobre o alcohol, a asertividade, a resistencia á presión, o tabaco, a toma de decisións, a influencia do grupo como modelos, etc... baixo o título de O Segredo da Boa vida. Axendas escolares para alumnas e alumnos de 5º e 6º de Primaria

Ademais, inclúen un CD que consiste nun xogo con diferentes probas que os alumnos teñen que superar. Segundo as “boas accións” dos alumnos e alumnas así van conseguindo máis ou menos puntos. Ao finalizar entregan as puntuacións ao profesor, e éste envía as puntuacións de todos os alumnos á persoa responsable do Plan Nacional de Drogas. Ás puntuacións máis altas de cada Comunidade Autónoma terán un premio que consistirá nunha viaxe a Madrid con gastos pagos, visitas aos parques de atraccións, museos, etc...

As actividades incluidas na axenda poden servir de base para o traballo do profesor na aula. O xogo, é para que os rapaces o fagan no seu tempo libre.

Cinensino
Por outra banda continuarase tamén co programa de Cinensino, unha proxección de películas sobre as que poderán traballar os profesores en clase, reflexionando sobre os seus contidos, valores,… O programa está dirixido a alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO.

O visionado das películas realizarase no Auditorio Gustavo Freire nas seguintes datas:

-31 de outubro: Los seis signos de la luz

-29 de xaneiro: El niño de marte

-20 abril: Pradolongo




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova