Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo concienciará aos cidadáns sobre os accidentes e aumentará a disciplina do tráfico


# Xoves, 25/09/2008
Instalarase o sistema "Fotorojo" e un radar na Ronda da Muralla

O Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, participou hoxe nunha Comisión de Asuntos Xerais convocada por acordo dos tres grupos políticos con representación municipal en na que estiveron presentes o Presidente da Asociación Provincial de Autoesolas, o Director do Instituto Mapfre, o Director Xeral de Tráfico e varios técnicos municipais do departamento de Enxeñería e do Gabinete de Tráfico.

O equipo de Goberno do Concello expuso as labores que están a levar a cabo en materia de seguridade vial, uns traballos que tiveron unha valoración moi positiva por todos os membros da Comisión.  “Tanto a sinalización viaria como a horizontal foron valoradas como correctas sobretodo o paso de pintura acrílica a pintura de doble componente ou con termocaucho”.

Rábade anunciou que “seguiremos traballando na mellora dos semáforos a través dunha subvención do IDEA e colocaremos ao redor dun 50% máis de semáforos con Leds”. Ademais, reordou a peonalización das rúas Aviador Parga Cerezo, Menorca, Praza do Ferrol, San Marcos e Vía Romana; e a instalación dun sistema de control por lectura de matrículas na rúa Amor Meilán para ir eliminando paulatinamente o sistema de bolardos”.

As conclusións acadadas nesta xuntanza foron fundamentalmente dúas:

- Reducir o número de accidentes nas cidades a través de campañas de concienciación dirixidas a dous grupos de risco: á terceira idade e aos menores (chegando así tamén aos pais e nais)

- Aumentando a disciplina de tráfico aumentando o control. Neste senso o Concelleiro anunciou que xa está rematado o proxecto para a instalción do sistema “Fotorojo” e un radar na Ronda da Muralla. O sistema “Fotorojo” servirá para capturar as matrículas daqueles vehículos que pasen os semáforos en vermello.

O obxectivo do goberno local é garantir a seguridade dos cidadáns a través da formación e do control.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova