Cargando....
Concello de Lugo
23/11/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Plan Urban prevé axudas por máis de un millón de euros para a modernización do comercio do centro e da ronda da muralla


# Martes, 23/09/2008


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, o Presidente da Federación de Comercio de Lugo, José María Seijas e o Presidente da Asociación de Hostalería, Francisco Real, participaron nunha nova xuntanza da Mesa Local de Comercio para presentar as novidades relacionadas co sector e recollidas no Plan Urban do Concello de Lugo.

López Orozco destacou a aposta do goberno local polo comercio na cidade “é un sector fundamental para a vida económica de Lugo e tamén para a vida social”.

O Alcalde salientou que o comercio lucense xa destaca “polo produto que vende, polo trato e agora queremos colaborar a mellorar a súa imaxe exterior, a sú estética se podemos facilitándolles ao máximo a realización das melloras”

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, explicou que o Plan Urban destinará 1.500.000 euros para axudas dirixidas a comercios e establecementos hostaleiros para a creacion de novos comercios, axudas a emprendedores e a mellora dos establecementos xa en marcha.

Sonia Méndez concretou estas axudas e  resumiu as principais decisións adoptadas nesta Mesa de Comercio, que previsiblemente se levarán á práctica a principios do próximo ano:

- Reformar elementos exteriores de fachadas e cubertas e para a reforma de rótulos.

- Axudarase á instalación de iluminación nos escaparates, con medidas de aforro enerxético.

- Axudarase á implantación de novas tecnoloxías.

- Subvencionarase a reposición de mesas e cadeiras nas terrazas, adaptándose ás normas que recolle o PEPRI.

Destas axudas está previsto que se beneficien arredor de 1000 comercios e establecemento situados no centro histórico e na ronda da muralla, xa que, a Mesa Local decidiu ampliar o ámbito de actuación destas axudas en concreto aos establecementos situados nesta zona.

Tanto a Federación de Comercio de Lugo como a Asociación de Hostalería, a través dos seus máximos responsables, manifestaron a súa total colaboración para a redacción das ordes reguladoras das liñas de subvención e para a difusión das mesmas.

Plan Urban
O Plan Urban conta cun investimento de máis de 16 millóns de euros dos cales unha parte provén de fondos europeos, Xunta de Galicia, Deputación Provincial e Concello de Lugo.

Trátase dun proxecto europeo que permitirá a modernización e revitalización do Centro histórico e do seu comercio. O Concello de Lugo presentou en tres ocasións, e con gobernos de distinto sino, proxectos para conseguir o Plan Urban, pero non foi ata este ano cando o conseguiu co importe máximo que se pode solicitar.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova