Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Continúan as proxeccións da XXX Semana Internacional de Cine de Autor


# Venres, 26/09/2008
A sesión das 21:00 contará por primeira vez cun servizo de canguros gratuíto

A Semana Internacional de Cine de Autor, patrocinada polo Concello de Lugo, rematará mañá sábado despois de sete xornadas nas que os lucenses puideron disfrutar dunha cartelera de luxo.

Todavía quedan once películas que se proxectarán entre hoxe e mañá. Os máis cativos poderán disfrutar coa proxección de Nocturna e Donkey Xote. O ciclo dedicado ao director de cine cubano Tomás Gutierrez Alea que se está a celebrar na biblioteca provincial rematará con La última cena e o especial de Cine Cubano con Mi caballero de París. Tamén remata hoxe os ciclos que se están a proxectar en Caixa Galicia coa película Imaxinadores que fai un percorrido ao longo da historia dos mellores debuxantes arxentinos do cómic.

Dentro do especial de Igualdade todavía quedan dúas películas por ver: Lejos de ella e No basta una vida. En canto ao ciclo Imprescindibles completarase con Persepolis e Propiedad privada. A sección oficial rematará coa proxección de La boda de Tuya, gañadora do último Oso de Ouro no festival de cine de Berlín e a película francesa Conversaciones con mi jardinero.

Axuda aos pais
Por primeira vez na historia desta mostra contará esta noite cun servizo de canguros gratuíto para que os pais e as nais podan acudir ao cine deixando aos seus fillos ao coidado dos monitores do servizo.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova