Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Continúa aberto o prazo de inscrición para o programa europeo de prácticas laborais Lugoqualitas


# Venres, 26/09/2008
Está dirixido a mozas e mozos titulados de formación profesional e técnicos universitarios

A Concellería de Economía e Emprego, que dirixe Sonia Méndez, mantén todavía aberto o prazo de inscrición para o programa europeo de mobilidade Lugoqualitas.
Esta iniciativa, denominada “Formación Europea para a cualificación profesional da mocidade lucense Lugoqualitas”, está promovida polo Concello de Lugo ao abeiro do programa europeo Leonardo da Vinci e contempla a realización de prácticas profesionais en países europeos por parte de mozos e mozas lucenses que se atopen no mercado laboral ou en disposición de acceder ó mesmo e completar deste xeito a súa formación.

As prácticas realizaranse en empresas da Unión Europea ata marzo de 2009. O Concello selecciona as empresas en función da formación e estudios dos participantes. O obxectivo é que recén titulados teñan oportunidade de adquirir experiencia profesional en empresas do sector que elixa, coñecendo o xeito de traballar dos distintos países e aprendendo un idioma estranxeiro.

Esta semana comezaron a súa estadía de 13 semanas en empresas de Italia e Polonia 6 mozos e mozas. A súa formación é moi diversa: filoloxía, saúde ambiental, traballo social, ciencias do mar ou historia do arte.

O programa formativo constará dunha preparación lingüística no país de acollida e da realización de prácticas laborais especializadas, de acordo co perfil dos beneficiarios e beneficiarias. A designación das empresas nas que se efectuarán as prácticas decidirase en colaboración cos socios intermediarios do Proxecto Lugoqualitas e e tras a realización dunha entrevista persoal profesional con cada un dos beneficiarios.

Xa son 12 as persoas que participaron en Lugoqualitas no que vai de ano. O programa está sendo valorado moi positivamente polos participantes, que consideran a experiencia beneficiosa para a súa formación e carreira profesional.

Os interesados en participar neste programa do Concello de Lugo poden dirixirse á Oficina Europea, situada no recentemente estreado Espazo Lab, o centro de orientación laboral municipal, sito no antigo cuartel de Garabolos ou no teléfono 010.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova