Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Concienciación. Somos Iguais será o cartel anunciador das VII Xornadas Locais sobre Violencia de Xénero


# Venres, 26/09/2008
30 traballos foron presentados ao concurso de deseño gráfico organizado pola Concellería de Muller e Benestar Social

Isabel Carril Quiroga resultou gañadora do concurso de deseño gráfico para a elaboración do cartel anunciador das VII Xornadas Locais sobre Violencia de Xénero, organizado pola Casa da Muller, dependente da Concellería de Muller e Benestar Social, que dirixe Carmen Basadre.

O título da obra gañadora é Concienciación. Somos Iguais. O cartel foi relizado sobre a prevención da violencia de xénero, que son o tema central sobre o que xiraron os 30 traballos que entraron a concurso. A temática do cartel está directamente relacionada co tema central destas xornadas.

O xurado estivo formado pola Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre e persoal técnico da Casa da Muller. Contaron tamén co asesoramento de deseñadoras e deseñadores.

Dada a alta calidade das obras presentadas, excepcionalmente o xurado acordou conceder dous accesits, o primeiro a Luis Fontes Pérez pola súa obra  El bolígrafo que nunca escribe es el que está al lado del teléfono e o segundo a Helena Chao Ónega, por Ifixenia.

O gañador do concurso recibirá un agasallo e un premio en metálico dotado con 600 euros e os accesits recibirán un agasallo.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova