Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Concelleira de Servizos Xerais recibe aos 8 finalistas do concurso autonómico de cortadores de xamón


# Luns, 29/09/2008
A final do concurso será este venres ás 12:00 no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo

A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, foi a encargada de recibir en nome do Alcalde, que non puido estar presente, aos oito finalistas do Concurso autonómico de Cortadores de Xamón. Competirán por ser o mellor cortador de toda Galicia este venres día 3 de outubro ás 12:00 horas no Pazo de Feiras e Congresos.

Trátase da primeira edición deste concurso organizado pola Asociación Gastronómica Cultural do Tenedor de Ouro, patrocinado por Torre de Núñez e que conta coa colaboración do Concello lucense.

Ao longo do ano fixéronse probas en toda Galicia para conseguir os oito finalistas que competirán en Lugo por ser o mellor cortador do país. Na proba final valórase o corte do xamón, a presentación, a limpeza no corte e tamén a vestimenta que use o concursante.

A organización do concurso xa anunciou que o vindeiro ano a final tamén se celebrará en Lugo poñendo a primeira nota festiva á celebración do San Froilán.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova