Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Dover pecha en Lugo a súa exitosa xira Follow The City Lights 


# Martes, 30/09/2008


O vindeiro domingo 5 de outubro dentro das Festas de San Froilán en Lugo, Dover despídese dos escenarios durante un tempo, xa que esta data será a que peche a súa última xira. A cita será ás 22:00h na Praza Horta do Seminario e terá entrada gratuíta.

Cos seus cinco álbums, Dover marcou unha época na historia do rock español ao converter o alternativo en maioritario e unir unha tremenda enerxía con liñas melódicas de gran lirismo. Nunca no rock nacional as guitarras soaron coa potencia de Dover e a voz desgarrada e sempre ao límite de Cristina Llanos non ten parangón na nosa escena. Pero logo de 12 anos de manter no máis alto e coa máxima dignidade o pavillón do rock por dereito, Dover dá un xiro novo, diferente e radical á súa carreira co seu novo e máis recente disco, Follow The City Lights, publicado en 2006 cunha imaxinativa mestura rock-electronic-dance-pop. “É un álbum sorprendente porque estrea un son e unha imaxe que, nun país como España afeito equiparar fidelidade e redundancia, non van deixar a ninguén indiferente”, afirma a banda tras a publicación do disco.

O primeiro single, Ley Me Out, confirma a bondade do cambio e recibe o Ondas á Mellor Canción do Ano por, segundo o xurado do premio, “culminar con éxito unha reinvención que lle levou a adaptar os modismos do pop electrónico a un discurso melódico de calidade contrastada”. E xunto ao Ondas, o álbum recibe tres Premios da Música (Mellor Álbum de Pop Alternativo, Mellor Técnico de Son e Mellor Vídeo Musical), é elixido Mellor Disco do Ano polos lectores de EP3 (El País), consegue un novo Disco de Platino con máis de 130.000 exemplares vendidos, é nº1 en vendas dixitais...

”Facemos o que nos pide o corpo”, afirma Cristina Llanos de Follow The City Lights. “Sempre chega un momento no que che apetece facer cousas novas e retarche creativamente. puxemos neste disco ese punto de inxenuidade que teñen os grupos ao principio” engade Amparo Llanos. As dúas irmás seguen hoxe ao fronte de Dover á beira de Jesús Antúnez e o novo baixista Samuel Pericos. Producido por Daniel Alcover e Dover, a banda aparece en Follow The City Lights máis internacional que nunca, reinventando a súa música, levándoa á pista de baile e creando unha das propostas máis estimulantes e frescas da actual escena española. E sen perder a esencia que viu nacer ao grupo fai 14 anos.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova