O nivel de accesibilidade do portal web do Concello é cada vez maior. Ademais da posibilidade de cambiar o tamaño dos caracteres e dos colores do portal para facilitar a súa lectura, conta cun innovador sistema que permite escoitar os contidos das páxinas nos dous idiomas oficiais: galego e castelán, simplemente facendo “clic” no reproductor adxunto en todas as súas páxinas.
Unha das grandes ventaxas da incorporación deste sistema, coñecido como ReadSpeaker, é que a diferencia doutros lectores, os usuarios non precisan descargar ningún tipo de software adicional para o seu uso, todo o necesario para a súa utilización esta dispoñible a través do portal.
O ReadSpeaker fai os sitios web accesibles para cualqueira usuario, incluíndo os seguintes grupos: disléxicos, persoas con dificultades para aprender, ou con un nivel de alfabetización baixo, persoas coa visión dañada e incluso para aqueles que prefieren escoitar a ler.
Por outra banda, a Concellería de Servizos Xerais que dirixe Luisa Zarzuela, continúa a traballar nos cinco novos procedementos que a cidadanía poderá realizar a través do portal web. Estes procedementos que na actualidade están en probas e que se porán en funcionamento antes de finais de ano son:
- Alta do padrón
- Licenza de obra maior
- Licenza de obra menor
- Actividades calificadas
- Contrato de servizos
Este ambicioso proceso de modernización dos procedementos administrativos que está a levar a cabo o Concello de Lugo está inspirado nos valores de transparencia, axilidade e eficacia, e co obxectivo de mellorar os tempos de resposta. Na actualidade a cidadanía xa conta con ferramentas no portal web para axilizar os procedementos como a solicitude do volante do empadronamento, o pagamento de recibos on-line, o buzón do cidadán, realizar suxestións e reclamacións, así como a descarga de documentos de utilidade. Próximamente iranse incorporando novas consultas e funcionalidades para facer máis áxiles as xestións dos lucenses co Concello.
O Concello, no seu labor de achegar a Administración aos cidadáns ofrece, ademais, a posibilidade de seguir os plenos en directo a través do portal web municipal. O Concello de Lugo é o único de toda Galicia que o primeiro luns de cada mes permite aos cidadáns seguir os Plenos íntegramente dende a web municipal.