O IV Concurso de Tapas rematou o pasado domingo, 28 de setembro, tras acadar un notable éxito de asistencia. Este certame, que é unha das iniciativas do Concello de Lugo para poñer en valor a cociña da cidade, rexistrou a participación de preto de 18.000 lucenses e visitantes, que degustaron as propostas gastronómicas elaboradas polos 40 establecementos inscritos no concurso .
Os días 1 e 2 de outubro o xurado oficial reunirase para elexir aos oito finalistas no Gran Hotel de Lugo. Os establecementos seleccionados pasarán á final que se celebrará o día 3 de outubro, cando se coñecerán aos catro gañadores das modalidades creativa e tradicional , ademais dun quinto premio á tapa que mellor empregue ou maride co Viño de D.O. Riveira Sacra.
Nesta edición os establecementos máis votados polo público do certame foron:
- Na tapa creativa os finalistas serán:
- Bodegón Espolada
- Café Bar Ave César
- Café Bar Boletus
- Cafetería Cook
- Cafetería La Iguana
- Casa de Abaixo
- Cervecería La Estrella
- Le Petit Café
- Mesón da Pelusiña
- Pizzería Toscana
- Restaurante Campos
- Restaurante Paprica
- Restaurante Parrillada Antonio
- Restaurante Parrillada O´Ventorro
- Vinoteca O Figón
-Na tapa tradicional os 15 finalistas serán os seguintes:
- Café Bar Arume
- Cafetería O Pote
- Cervecería Baco
- Cervecería Xerigan
- Curruncho A Nosa Terra
- Ikebana Bar
- La Sucursal
- Mesón Vinoteca Lubre
- Minuetto
- Os Tilos
- Parrillada Porta de Santiago
- Restaurante Mesón de Alberto
- Restaurante Parrillada Savoy
- Rincón de Santos
- Tirabeque