Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo amosa a súa satisfacción polos preto de 260 millóns de euros que recollen os orzamentos do Estado para Lugo


# Mércores, 01/10/2008
López Orozco sinalou que, tal e como sucedeu o ano pasado, espera que se incrementen aínda máis os orzamentos totais para a cidade

O Alcalde de Lugo amosou hoxe diante os medios a satisfacción que sente pola proposta de Orzamentos Xerais do Estado que inclúen unha aportación de case 260 millón de euros para Lugo e a súa provincia. “Estamos ante uns orzamentos que aínda poden ser mellorados, pero que son impresionantes para Lugo e a súa a provincia e que apostan por esta cidade incluso nun momento de crise económica coma este”.

O Alcalde lembrou que o ano pasado a aportación do Estado coa provincia foi de 247 millóns de euros. Na proposta deste ano, que aínda ten que ser aprobada, e que polo tanto pode ser mellorada, “consolídanse todas as obras que están a piques de rematar como o saneamento, e inclúese unha obra nova moi importante para a cidade como é o saneamento de toda a zona da Louzaneta e que supón un investimento de case 15 millóns de euros”.

Nova ponte e tren de Alta Velocidade
López Orozco tamén se referiu á nova ponte e lembroulles aos “que non din toda a verdade”, que para o ano 2009 os orzamentos recollen 150.000 euros “pero nos deste ano 2008 hai 5 millóns de euros e xa se contaba con 2 millóns máis anteriores”. Lembrou ademais que o Goberno de España ten en conta este proxecto nos vindeiros orzamentos ata o ano 2011, que é o ano no que está previsto que esté rematada a obra. O coste total desta infraestrutura, tan demandada pola cidade de Lugo e rexeitada por anteriores gobernos, estará determinado polo proxecto en canto estea rematado.

O mandatario lucense espera que a finais deste ano esté o proxecto rematado e se licite a obra: “o compromiso do Goberno Central é que a licitación desta obra tan importante para Lugo sexa inmediata”.

Os orzamentos tamén recollen os estudos e proxectos para o Tren de Alta Velocidade “non esquezamos que o tren recibe nestes orzamentos un impulso fundamental que é o tramo Medina, Lubián, Zamora”. O Alcalde lucense reiterou unha vez máis a importancia de que o tren de alta velocidade chegue a Ourense “canto antes chegue a Ourense, antes chegará a Lugo porque no tramo Ourense-Lugo xa se está a traballar”.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova