O xurado do IV Concurso de Tapas, integrado por cinco docentes do campo da hostalería: Alfonso González Pendás, Gonzalo Rey Martínez, Juan Crujeiras, Sergio Bouzas e Victoria García, elexiu as 4 tapas finalistas da categoría creativa.
Desde as 11:00 horas e ata as 14:00 horas o xurado estivo degustando as 15 tapas que participaron nesta categoría. Tras unha ardua deliberación elexíronse aos catro aspirantes a obter o premio de tapa creativa:
- CERVECERÍA LA ESTRELLA.Coa súa creación Porco celta: imaxinando un cocido
- RESTAURANTE PAPRICA. Coa tapa a base de bonito do norte, tomate e pataca
- REST. PARRILLADA O VENTORRO. Orella de porco celta con foie e viño de Ribeira Sacra
- VINOTECA O FIGÓN. Nordés.
Mañá, elixiranse aos 4 aspirantes da categoría da tapa tradicional e o vindeiro 3 de outubro, un xurado de expertos decidirá cales dos oito establecementos se alzan con algún dos catro premios do 4º concurso de tapas e quen obtén o premio especial de maridaxe ou utilización do viño D.O. Ribeira Sacra.