Cargando....
Concello de Lugo
14/08/22
NOVAS
Escoita esta páxina

Máis de 80 arqueiros participarán no Trofeo San Froilán de Tiro con Arco


# Xoves, 02/10/2008
Será o sábado 4 de outubro a partir das 16:00 horas no Polideportivo da Piringalla

O vindeiro sábado 4 de outubro, a partir das 16:00 horas, terá lugar o Trofeo San Froilán de Tiro con Arco no Polideportivo da Piringalla no que participarán todos os clubs inscritos na Federación Galega de Tiro con Arco e clubs pertencentes a Federacións de Comunidades limítrofes.

Neste último ano veuse en Lugo un auxe do tiro con arco, un deporte en principio minoritario, que se está volvendo máis accesible grazas ao interese e apoio do Concello a través da Concellería de Deportes, non só a través da Escola Municipal senón tamén ao apoio dado aos clubs. Fai ano e medio só existía un club de tiro con arco en Lugo e neste momento contamos con tres.

Na proba deste sábado competirán 80 arqueiros e arqueiras de clubs de toda Galicia: Ourense, o Barco de Valdeorras, Ferrol, Narón, A Coruña, Santiago, Lugo, Bóveda e clubs doutras Comunidades: León, Astorga, Ponferrada. Competindo nas modalidades de arco recurvo e arco composto.

Dende a organización destacan o éxito de convocatoria xa que sendo na segunda edición convocatoria deste trofeo organizada desde o CD Arco Muralla coa colaboración do Concello cubríronse todas as prazas ofertadas, superando todas as pervisións converténdose así nun dos campionatos de referencia a nivel galego.

Os arqueiros e arqueiras seniors competirán en dúas quendas de 3 frechas cada unha a 18 metros de distancia

Os arqueiros e arqueiras infantís competirán en dúas quendas de 30 frechas cada unha a 18 metros de distancia.

Os arqueiros e arqueiras alevíns competirán en dúas quendas de 30 frechas cada unha a 12 metros de distancia.

Os arqueiros e arqueiras ardillas e benxamíns competirán en dúas quendas de 15 frechas cada unha a 12 metros de distancia.

Haberá tamén unha categoría de noveis, para as persoas que se están iniciando a este deporte, estes novos deportistas tirarán dúas quendas de 30 frechas cada unha a unha distancia de 18 metros.

Así pois, animamos a todas aquelas persoas que desexen coñecer un pouquiño mellor este deporte e a aquelas afeccionadas que o practican ou gozan, a que se acheguen este sábado ata o polideportivo da Piringalla.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova