Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O xurado do IV Concurso de Tapas elixe aos finalistas da da categoría tradicional


# Xoves, 02/10/2008
Mañá elexiranse aos gañadores do certame culinario

O xurado do IV Concurso de Tapas, integrado por cinco docentes do campo da hostalería: Alfonso González Pendás, Gonzalo Rey Martínez, Juan Crujeiras, Sergio Bouzas e Victoria García, elexiu hoxe no Gran Hotel de Lugo as 4 tapas finalistas da categoría tradicional.

Desde as 11:00 horas e ata as 14:00 horas o xurado estivo degustando as 15 tapas que participaron nesta categoría elexindo como finalistas as elaboradas polos seguintes establecementos hostaleiros da cidade:

- Ikebana Bar

- Mesón de Alberto

- Café Bar Arume

- Restaurante Parrillada Savoy

As tapas tradicionais creadas polos establecementos únense as outras catro tapas elexidas onte polo xurado como finalistas da categoría creativa e elaboradas pola Cervecería La Estrella, o restaurante Paprica, restaurante parrillada O Ventorro e a vinacoteca O Figón.

Mañá, venres 3 de outubro o xurado de expertos decidirá cales dos oito establecementos se alzan con algún dos catro premios do 4º concurso de tapas e quen obtén o premio especial de maridaxe ou utilización do viño D.O. Ribeira Sacra. O horario no que ó xurado do certame visitarán os establecementos finalistas será o seguinte:

- 11:10: Vinoteca O Figón

- 11:30: Restaurante Paprica

- 11:50: Mesón de Alberto

- 12:30: Restaurante Parrillada O Ventorro

- 13:00: Café Bar Arume

- 13:25: Ikebana Bar

- 13:45: Restaurante Parrillada Savoy

- 14:15: Cervecería La Estrella

Ás 14:30 horas o xurado elexirá aos gañadores no Gran Hotel de Lugo.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova