Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O horario de apertura dos edicificios municipais modifícanse durante as festas de San Froilán


# Venres, 03/10/2008


Con motivo da celebración das festas de San Froilán 2008, entre o 7 e o 10 de outubro (ambos inclusive), o horario de apertura das dependencias municipais será de 9:00 a 14:00 horas. O luns día 13 de outubro o horario volverá a ser o habitual.

Recórdase ademais que debido ás festas de San Froilán, os edificios municipais e os centros sociais permanecerán pechados durante o luns 6 de outubro.

Ao coincidir en domingo o festivo local 5 de outubro, día do patrón da cidade, pásase á xornada seguinte.

Nesta data a cidade continuará coas numerosas actividades festivas como os xogos e espectáculos do San Froilanciño para os nenos, pasarrúas, actuacións de música tradicional, fogos artificiais, os concertos de Conchita e Los Suaves, así como a verbena na praza Maior.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova