Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O transporte urbano será gratuíto o día grande das festas de San Froilán


# Venres, 03/10/2008
O Concello de Lugo porá en marcha liñas e servizos especiais durante os festexos

O Concello de Lugo repartirá mañá sábado 4 de outubro a través da prensa escrita tarxetones para informar á cidadanía sobre as liñas e servizos especiais de autobús durante as festas de San Froilán 2008.

Con motivo do 45 aniversario do primeiro servizo especial do transporte para as festas patronais, o transporte urbano ao longo do día 5, o día grande das festas, será totalmente gratuíto. O obxectivo é potenciar que lucenses e visitantes deixen o coche na casa ou nos aparcamentos disuasorios e se acheguen ao centro utilizando esta alternativa.

Por outr banda, ao longo das festas haberá unha serie de liñas e servizos especiais:

- Os días 4 e 11 as liñas 3AE Acea de Olga- Ramil, 4E Tolda-Abella, 5E Gándaras-Campiña-Cemiterio, 6E Montirón-Residencia-Cheda, que funcionarán o sábado pola tarde, prolongarán os percorridos habituais ata as 3:00 horas da madrugada.

- O día 5, as liñas 3AE Acea de Olga- Ramil, 4E Tolda-Abella, 5E Gándaras-Campiña-Cemiterio, 6E Montirón-Residencia-Cheda, que funcionan os domingos e vésperas de festivos, prolongarán os percorridos habituais ata as 3:00 horas da  madrugada.

- Os días 6 e 12, as liñas 3AE Acea de Olga- Ramil, 4E Tolda-Abella, 5E Gándaras-Campiña-Cemiterio, 6E Montirón-Residencia-Cheda prolongarán os percorridos habituais ata as 2:00 horas da madrugada.

SERVIZOS ESPECIAIS:

1.-Recinto de festas - Campos novos

- Ida.- Avda. Ramón Ferreiro, Celso Emilio Ferreiro, ronda da Muralla, Montero Ríos, ronda Fontiñas, ronda das Mercedes, ronda de Fingoi,  estrada da Granxa e Campos Novos (aparcadoiro recomendable)

- Regreso.- Campos Novos, avda. de Afonso X O Sabio, Agro da Torna, avda. de Magoi, ronda da República Argentina, Pintor Corredoira e avda. de Ramón Ferreiro (recinto de festas )

2.- Recinto de festas - avda. Infanta Elena

- Ida.- Ramón Ferreiro, Celso Emilio Ferreiro, praza de Bretaña, Jacinto Calvo, San Roque, ronda da Muralla, ronda da Muralla (fronte a Sindicatos), avda. da Coruña, parque de Frigsa, Alto de Garabolos, avda. Paulo Fabio Máximo e avda. Infanta Elena (aparcadoiro recomendable do c. c. As Termas)

- Regreso.- Avda. Infanta Elena (As Termas), avda. Paulo Fabio Máximo, Alto de Garabolos, parque de Frigsa, avda. da Coruña, ronda da Muralla, ronda da Muralla (167-168), rúa Santiago, República Argentina, Pintor Corredoira, avda. de Ramón Ferreiro (recinto de festas)

SERVIZOS ESPECIAIS S. FROILÁN

SAÍDAS DE

SAÍDAS DE

CALENDARIO E HORARIO

Ronda das Fontiñas
Acea de Olga Avda. de Magoi

Avda. de Ramón Ferreiro(a todas as 00:15 e 00:45 h)

Campos Novos
(a todas as 00:30 e 00:00 h)

Sábado 4 e 11 (das 15:00 ás 03:00 h).
Domingos e festivos 6 e 12 (das 12:00 ás 02:00 h)

Avda. da Coruña
Alto de Garabolos
Avda. Infanta Elena (c. c. As Termas )

Avda. de Ramón Ferreiro(a todas as 00:25 e 00:55 h)

Avda. Infanta Elena
(a todas as 00:40 e 00:10 h)

Sábado 4 e 11 (das 15:00 ás 03:00 h)

domingos e festivos 6 e 12 (das 12:00 ás 02:00 h)

DIA 5
DE 12:00 A 03:00




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova