Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O xurado de expertos elixe aos gañadores do IV Concurso de Tapas


# Venres, 03/10/2008
O Concello editará unha guía que promocionará a ruta do tapeo entre os establecementos participantes desta edición

O IV Concurso de Tapas, organizado pola Concellería de Cultura, xa conta cos sete gañadores desta edición: os catro seleccionados polo xurado oficial, a tapa que mellor marida co viño D.O. Ribeira Sacra e os dous vencedores da votación popular.

Durante esta mañá, o xurado visitou os oito establecementos finalistas e tras a degustación das súas tapas concedeu as seguintes distincións:

Modalidade Creativa:

1º PREMIO: CERVECERÍA LA ESTRELLA. Tapa: Porco Celta: Imaxinando un Cocido 2º PREMIO: REST. PARRILLADA O VENTORRO. Tapa: Orella de porco celta e foie e viño da Ribeira Sacra

Modalidade Tradicional:

1º PREMIO: MESÓN DE ALBERTO. Tapa: Guiso de Luras con espuma de fabas de Lourenzá

2º PREMIO:IKEBANA BAR. Tapa: Almorzo no chanto

Premio á tapa que mellor marida co viño D.O. Ribeira Sacra:

REST. PARRILLADA O VENTORRO. Tapa: Orella de porco celta e foie e viño da Ribeira Sacra

O xurado de expertos que elixiu ós catro gañadores desta edición estivo composto por cinco expertos gastrónomos de recoñecido prestixio:

- Beatriz Sotelo: Ao longo da súa traxectoria profesional traballou en distintos restaurantes das provincias de A Coruña e Pontevedra, entre eles Casa Marcelo e Toñi Vicente. Actualmente é cociñeira e copropietaria do restaurante A Estación e membro do Grupo Nove. É a gañadora da última edición do Concurso "Cocinero del Año".

- José María Martínez: É membro do panel de cata do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, vicepresidente da Asociación Gallega de Catadores, é foi vicepresidente da Asociación de sumilleres de Gallaecia dende a súa fundación ata as ultimas eleccións, membro do xurado do Campeonato Nacional de Maridajes celebrados en Silleda dende a súa fundación ata o ano 2007, e propietario da Vinoteca O´Beiro de Santiago de Compostela.

-Miguel Vila Pernas: Xornalista e escritor gastronómico. Na actualidade dirixe e presenta o programa "Arroz con chícharos" na rede de emisoras da Cadena Ser en Galicia. Colabora en publicación como "Origen" e "ProTexta" e edita o seu blog gastronómico "Colineta" (www.colineta.com) Colaborou en temas gastronómicos en medios como El Progreso, Galicia Gastronómica, Radio Galega , TVG e outros. É autor de oito libros, seis deles de temática gastronómica. Gañador en dúas ocasión do Premio Nacional de Xornalismo Gastronómico Álvaro Cunqueiro (anos 2004 e 2006), así como do premio Alimentos de España ao mellor labor informativo continuado (2005) e o premio Gourmand World Cookbook Awards "Best entertaining cookbook" 2006.

- Rodrigo Roza: 3º clasificado no "Congreso mundial de tapas y pinchos de San Sebastian" en decembro de 2007. Fixo stages no restaurante Arzak e traballou en distintos restaurante de Barcelona. É propietario da Taberna del Zurdo, galardonado no ano 2005 como "Mejor Restaurante Heterodoxo" polo "Colegio de Críticos gastronómicos de Asturias" Rodrigo foi gañador da 1ª e 2ª edición do Concurso de Tapas y Pinchos Ciudad de Oviedo e gañador do "Campeonato de España de Pinchos y Tapas 2007 Ciudad de Valladolid".

- Roberto Walther Schnellbach.- Responsable do Departamento de Cociña do CSHG Ao longo da súa traxectoria profesional reúne experiencia coma Xefe de Cociña en Novotel e Restaurante Baden - Baden (Madrid), Xefe de partida en Restaurante Armstrong (Madrid), Subdirector executivo do grupo Princesa Toa (Quito - Ecuador). Profesor de: Teoría de Cociña, Planificación de Menús, Xestión de Compras, Control e Xestión de A&B, Cociña Demostración e Prácticas de Cociña.

Votación popular

Tamén se deron a coñecer os gañadores da votación popular, tras recontar os votos realizados por internet e os depositados nas urnas situadas en cada local elexíronse como premiados:

TAPA CREATIVA: MESÓN DA PELUSIÑA. Tapa: Segredo de polbo

TAPA TRADICIONAL: IKEBANA BAR. Tapa: Almorzo no chanto

O Concello de Lugo editará, tras a celebración deste concurso, unha guía na que figurarán os establecementos participantes e promocionará a ruta do tapeo. A finalidade desta guía é servir de material de difusión da gastronomía lucense, e estará presente en todas as feiras turísticas, comerciais e empresariais nas que participe o Concello de Lugo, dentro e fóra de Galicia.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova