Imprimir

O CONCELLO DE LUGO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NA ESCOLA DE XADREZ


30/9/2008 Os interesados poderán apuntarse ata finis de outubro

Xa comezou a inscrición para os distintos niveis da Escola de Perfeccionamento ao Xadrez, organizada pola Concellería de Educación, que dirixe Dolores Vieiro, o grupo El Progreso e a Asociación Cultural Xaquedrum. Este ano, como novidade, inclúense tamén clases de iniciación e perfeccionamento para familiares.

Haberá diferentes grupos dependendo da idade e do nivel dos alumnos:

Iniciación:

- Xadrez para nenos: Para mozos/as ata os 9 anos. Sábados de 16:30 a 17:30 horas.

- Iniciación para adultos: vernes de 17:00 a 18:00 horas.

- Para familiares: Clases de de iniciación, pendente de fixar o horario onde participan varios membros da familia.

Perfeccionamento:

- Perfeccionamento I: Venres de 18:00 a 19:00 horas.

- PerfeccionamentoII e III: Xoves de 17:00 a 18:00 e de 18:00 a 19:00

- PerfeccionamentoIII: venres de 19:00 a 20 :30 horas e sábados de 11:00 a 12:15 horas.

-Curso Perfeccionamento familiares: vernes de 21:00 a 22:00 horas, clases onde participan varios membros da familia.

Cada grupo estará formado entre 6 e 12 alumnos, que serán atentidos de xeito persoalizado dependendo das súas necesidades e progresos. Ademais, disporán de material didáctico de apoio para realizar na casa.

As clases impartiranse ata o 30 de maio no local que ten a Escola Lucense no Parque da Milagrosa.

Existen becas de axudas para as familias con menos recursos.

Os interesados en obter información ou inscribirse poden facelo na dirección electrónica castruper@yahoo.es ou no número de teléfono: 657 974 937 ata finais do mes de outubro.