Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo recibe no Concello ao presidente da Casa de Galicia en Bos Aires


# Xoves, 02/10/2008
Este centro conta con máis de 11.000 socios de orixe galega que emigraron á Arxentina

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, a Concelleira de Economía e Emprego e segunda tenente de Alcalde, Sonia Méndez, e outros membros da Corporación, recibiron na Casa do Concello ao Presidente da Casa de Galicia en Bos Aires, Héctor Fernández.

López Orozco destacou a importancia de non esquecer aos nosos emigrantes “non podemos entender Galicia sen entender a emigración”, e o papel aglutinador e unificador que representan entidades como esta Casa de Galicia que ten un papel esencial no mantemento das tradicións, lingua e costumes galegos.

O Alcalde lucense referiuse tamén ao enorme peso que ten a provincia de Lugo na emigración, de feito este centro que hoxe é un dos máis importantes do mundo, naceu como Centro Lucense. López Orozco sinalou que “nos lugares máis insospeitados atopamos un galego. O Concello de Lugo non esquece aos que marcharon”.

Héctor Fernández, de orixe lucense, agradeceu a acollida e recoñeceu estar “moi emocionado por atoparme en Lugo”. Explicou o nacemento deste centro, da man de lucenses emigrantes, que se fusionou cos centros das outras provincias de Galicia ata dar lugar ao Centro Galego. O seu lema é o de unión pola grandeza, e hoxe contan con máis de 11.000 socios dos que arredor de 3.500 son fillos e netos de galegos, que falan galego e sobre todo senten un aprecio enorme hacia a terra dos seus pais e avós.

Neste centro ensínanse costumes e historia de España e Galicia e a importancia do traballo comunitario e a solidariedade, que foi a esencia, como explicou Fernández, do traballo feito na Arxentina polos galegos emigrantes.

O Alcalde entregoulle como recordo unha maqueta da Porta de Santiago da muralla lucense “porta do camiño primitivo e corazón dos lucenses”.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova