Cargando....
Concello de Lugo
10/07/20
NOVAS
Escoita esta páxina

A Aula Multimedia do Concello de Lugo acolle tres xornadas da Semana Curtas


# Mércores, 08/10/2008
Serán os días 9, 10 e 14 de outubro a partir das 18:00 horas

A Aula Multimedia do Castiñeiro acollerá ata o vindeiro 14 de outubro, tres xornadas nas que se proxectarán os traballos presentados á última edicion de Curtas na Rede, dentro da Semana Curtas. Esta actividade na que participa a Concellería de Servizos Xerais que dirixe Luisa Zarzuela e que organiza a Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral de Comunicación terá lugar os días 9, 10 e 14 de outubro a partir das 18:00 horas.

Nestas tres xornadas o público que asista ao telecentro do Concello de Lugo poderá disfrutar coa proxección dun total de 53 curtas. Ademais, despois das proxeccións haberá unha multiconferencia na que participarán, ademais de Lugo, os Concellos de Vigo, Ourense, Catoira, O Barco de Valdeorras, o Centro Multimedia de Galicia, e o Telecentro da facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela, entre outros.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova